Vigo, Galicia
Vigo

El BNG de Vigo afea la impostura del PP con la noticia A-52: “Dicen rechazarla pero quieren aprobarla en el PGOM”

A fronte nacionalista pide aos populares que “deixen de xogar á confusión” coa ampliación da autovía, lembrando que non se opuxeron á aprobación provisional do novo Plan Xeral que valida o trazado e que non recibiu ningún reparo por parte da Xunta de Rueda

Xabier P. Igrexas: “É incomprensíbel que o PP pida retirar o proxecto ao tempo que demanda con entusiasmo un PXOM que impón estas graves afeccións en Bembrive”

O Bloque Nacionalista Galego afea a “impostura e oportunismo” do Partido Popular a respecto do proxecto de ampliación da autovía A-52. A fronte nacionalista pide aos populares que “deixen de xogar á confusión” coa nova autovía, lembrando que non se opuxeron á aprobación provisional do novo Plan Xeral que valida o trazado e que non recibiu ningún reparo por parte da Xunta de Rueda.

Así o afirmou este mércores o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, criticando que o PP local asegure “coa boca pequena” que rexeita o proxecto da nova A-52 mentres cada semana urxe a aprobación definitiva do novo Plan Xeral. “Un PXOM do que nace o trazado da autovía que tronzará a parroquia de Bembrive, e que coa súa conexión en Baruxáns vai ser tamén condición de posibilidade para outro macrovial innecesario como o PO-010, cun impacto brutal en parroquias como Beade”, lembrou.


No mesmo sentido, Igrexas acusou o propio PP de dar o seu visto bo a estes proxectos dende a Xunta de Galiza, ao non advertir ningún reparo nos informes emitidos pola Axencia Galega de Infraestruturas e pola Dirección Xeral de Urbanismo en relación ao novo PXOM de Vigo, que polo momento só contou co voto en contra do Bloque.


“Non é hora de xogos oportunistas nin de imposturas”, defendeu o portavoz municipal nacionalista. “O PP ten que aclarar a súa posición desde xa e confirmar se van votar a prol ou en contra da aprobación definitiva do novo Plan Xeral en caso de que se manteñan a A-52 e a PO-010”, demandou, subliñando que a coherencia en política é un requisito imprescindíbel.

El portavoz municipal del PP replica al bng de Vigo que sólo rechazan «este trazado» de la A52 pero no aclara su posición sobre el PXOM de Vigo

Deja una respuesta

Hide picture