Vigo, Galicia
Política Vigo

El BNG de Vigo acusa al gobierno de Abel Caballero de “consentir un atentado urbanístico” en las Islas Cíes

A fronte nacionalista reprocha a falla de explicacións do Concello diante das obras “ilegais” para ampliar 3 vivendas e construír 2 naves sen informes nin licenzas, así como por tardar 7 anos en realizar a primeira inspección

Xabier P. Igrexas: “É un escándalo que o mesmo Goberno municipal que fixo bandeira das Cíes como Patrimonio da Humanidade teña sido cooperador necesario, por acción ou omisión, para permitir unhas obras ilegais e que estas fiquen impunes”

 O Bloque Nacionalista Galego acusa o goberno de Abel Caballero de “consentir un atentado urbanístico” nas Illas Cíes. A fronte nacionalista reprocha a falla de explicacións do Concello diante das obras “ilegais” para ampliar 3 vivendas e construír 2 naves sen contar cos informes sectoriais preceptivos nin as licenzas urbanísticas, así como por tardar 7 anos (de 2015 a 2022) en realizar a primeira inspección.

“O BNG interpelamos a concelleira María José Caride para lle demandar que explicase que actuacións tiña adoptado dende que se tivo coñecemento destas obras ilegais”, denunciou o concelleiro e portavoz nacionalista na cidade, Xabier P. Igrexas, que lamentou a falla de respostas por parte da responsábel de Urbanismo no último Consello da Xerencia Municipal.

Igrexas avanzou que o Bloque “non vai permitir nin tolerar que esta actuación continúe na opacidade”, polo que urxiu a Caride para que dea a cara. “O Concello de Vigo ten que acutar de maneira enérxica en contra deste atentado urbanístico nun ámbito tan importante e protexido como as Cíes”, demandou o portavoz do BNG, que asegurou que estes casos, que afectan a catro parcelas, están perfectamente documentados.

“É un escándalo que o mesmo Goberno municipal que fixo bandeira da defensa das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade teña sido cooperador necesario, por acción ou por omisión, para permitir unhas obras ilegais e que estas fiquen impunes”, remachou o edil nacionalista. 

Deja una respuesta

Hide picture