Vigo, Galicia
Vigo

El BNG de Vigo acusa a Caballero de actuar cómo “mercenario” de Urbaser para reventar la huelga de la limpieza municipal

A fronte nacionalista esixe ao Goberno municipal que retire o decreto de servizos mínimos por “ilegais e abusivos” e que reciba ao Comité de Empresa, após 15 solicitudes sen atender.

Xabier P. Igrexas: “É a primeira vez que un Goberno municipal ten o atrevemento de se colocar como primeira liña de defensa dos intereses da empresa concesionaria e en contra dos dereitos das traballadoras e do interese xeral da cidade”.

O Bloque Nacionalista Galego critica que o goberno de Abel Caballero actúe como “mercenario” ao servizo da empresa concesionaria Urbaser durante a folga do servizo de limpeza de dependencias municipais. A fronte nacionalista esixe a retirada do decreto “ilegal” de servizos mínimos imposto polo Concello por consideralos “abusivos” e que reciba de inmediato ao Comité de Empresa, após 15 solicitudes de xuntanza sen atender.

«O único que pretenden Abel Caballero e o PSOE con esta medida é vulnerar o dereito fundamental á folga, impedindo o desenvolvemento da protesta laboral”, denunciou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, que cualificou de “comportamento abertamente antisindical e antiobreiro” esta decisión do Goberno municipal.

Igrexas afeou que o goberno de Abel Caballero se posicione neste conflito laboral do lado de Urbaser, a quen leva meses consentindo “de maneira cómplice” incumprimentos como a prestación dun 15% menos do servizo concesionado. Ademais, criticou o bloqueo da empresa na negociación do novo convenio colectivo, negándose a actualizar os salarios, o que suporía empobrecer un 7% as nóminas do persoal deste servizo municipal.

“É absolutamente inaceptábel que un goberno que se di progresista e de esquerda, que leva nas súas siglas as palabras socialista e obreiro, se dedique a actuar como mercenario ao servizo das grandes contratas municipais, precisamente para impedir o desenvolvemento nada menos que dunha folga neste servizo”, subliñou.

O edil nacionalista salientou que se trata dunha decisión “sen precedentes” por parte do Concello de Vigo. “É a primeira vez que un Goberno municipal ten o atrevemento de se colocar como primeira liña de defensa dos intereses dunha empresa concesionaria e en contra dos dereitos das traballadoras e do interese xeral da cidade”.

Desde o BNG reiteraron o “total e completo apoio” ás demandas do persoal do servizo de limpeza de dependencias municipais, con quen mantiveron nas pasadas semanas unha xuntanza de traballo. Nese sentido, Igrexas criticou tamén que o Goberno local non teña recibido ao Comité de Empresa, malia ter presentado máis de 15 solicitudes de reunión. “Se Abel Caballero ten tempo abondo para pasearse por procesións, terá tempo na axenda para escoitar as reivindicacións das traballadoras e traballadores deste servizo municipal”, remachou

Deja una respuesta