Vigo, Galicia
Vigo

El Ayuntamiento de Vigo y FCC vulneran el derecho de huelga del personal de limpieza de las dependencias municipales denuncia la CIG

Traballadores/as da concesionaria da recollida do lixo realizaron tarefas de limpeza no interior do consistorio escoltados/as pola Policía local

O comité de empresa de Urbaser, concesionaria do servizo de limpeza das dependencias municipais de Vigo,
denuncia que o Concello está a vulnerar o dereito dereito de folga ao obrigar a FCC, compañía que se encarga da
recollida do lixo, a realizar tarefas de limpeza no interior do consistorio. Por outra banda, a representación
sindical, presidida pola CIG, está a estudar presentar un recurso contencioso administrativo contra os servizos
mínimos impostos polo Goberno local ao entender que vulneran tamén un dereito fundamental como o de
folga.
A folga indefinida iniciada onte na limpeza da dependencias municipais do Concello de Vigo para denunciar os
incumprimentos laborais da empresa e reclamar un convenio colectivo digno está a ter un seguimento total por
parte das empregadas/os, que aproveitan a convocatoria para desenvolver mobilizacións diarias diante do
consistorio.
Diante disto, o Goberno local intentou dende o primeiro momento boicotear a convocatoria, primeiro
impoñendo uns servizos mínimos que o comité considera ilegais, xa que inclúen a integrantes do propio comité
de folga. O listado das persoas que integran os servizos mínimos elaborado pola empresa vai tamén no mesmo
sentido ao poñer sempre as mesmas traballadoras/es, en lugar de facelos rotatorios, e ao cambiar persoal de
centro de traballo. En consecuencia, os servizos mínimos foron denunciados diante da Inspección de Traballo,
ao tempo que se está a barallar presentar un recurso contencioso administrativo nos xulgados.
No día de hoxe o Concello deu un paso máis na súa estratexia para deixar sen afecto as accións reivindicativas
do persoal e obrigou a concesionaria do servizo de recollida do lixo e limpeza viaria a realizar tarefas de limpeza
no interior do consistorio. Deste xeito, traballadores/as de FCC desenvolveron as funcións propias das
traballadoras/es de Urbaser escoltados/as pola Policía local, tanto durante a noite como a primeira hora da
mañá.
Dende o comité censuran o que consideran unha clara vulneración do dereito de folga e anuncian que
presentarán a correspondente denuncia diante da Inspección de Traballo. Ao igual que aconteceu durante a
mañá de hoxe, as traballadoras/es desenvolverán protestas diarias diante do Concello mentres dure o conflito
laboral polos incumprimentos da empresa e en demanda dunhas condicións laborais dignas.

Deja una respuesta