Vigo, Galicia
Vigo

El Ayuntamiento contrata el servicio de mantenimiento del Vigo Vertical con importe de 419.000€

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación do contrato cun importe de 419.000 euros ata 2025. A empresa recibirá de xeito inmediato as incidencias e terá que actuar en menos de dous horas. A cidadanía poderá consultar na plataforma Smart City do Concello o estado dos 22 elementos mecánicos sometidos a control

Abel Caballero deu conta da contratación so servizo de mantemento dos ascensores, escaleiras e ramplas mecánicas por un importe de 419.000 euros ata 2025. Este contrato inclúe 22 elementos mecánicos, entre os que están incluídos algúns próximos ao remate das obras. Segundo enumerou o alcalde en rolda de prensa, estarán sometidas a control las escaleiras de Porta do Sol, Pizarro, Praza Portugal e Talude; as ramplas de Gran Vía, centro de saúde de Teis, centro de saúde de Lavadores, Travesía – Aragón, Carral, Escultor Gregorio Fernández e o colexio Losada; e os ascensores de Juan Ramón Jiménez, Pizarro, Marqués de Valterra, San Salvador, Parque Camilo José Cela, Praza Estación, Juan Ramón Jiménez (2), Avenida Hispanidade-Romil, Travesía-Aragón e o HALO.

“Daremos resposta ás incidencias en menos de dos horas, unha se é un ascensor. Un control a través de medios telemáticos 24 horas 365 días ao ano”, declarou o alcalde. A empresa recibirá notificacións dos elementos mecánicos, tamén o propio Concello. Amais, haberá un novo software na plataforma Smart City do Concello para que a cidadanía coñeza o estado do funcionamento das ramplas, escaleiras e ascensores.

Para Caballero “o obxectivo é o funcionamento ininterrompido desde as 7 ás 23 horas de domingo a xoves e unha hora máis o resto de días, ata ás 24 horas. “Somos un dos concellos de Europa con máis accións mecánicas de transporte”, subliñou nas súas declaracións.

Deja una respuesta

Hide picture