Vigo, Galicia
Vigo

El Área Sanitario de Vigo enseña técnicas de reanimación cardiopulmonar a más de 800 estudiantes

Un equipo de profesionais do servizo de Medicina Intensiva do Álvaro Cunqueiro desprazouse hoxe a varios centros educativos da Área de Vigo para mostrar as técnicas de RCP a 450 estudantes

― O centro de saúde de Ponteareas tamén desenvolveu unha actividade docente con 400 nenos e nenas

Con estas accións conmemórase o Día Mundial da Resucitación Cardiopulmonar, que ten como obxectivo divulgar a importancia de aplicar estas técnicas para salvar vidas

As técnicas de RCP poden elevar as taxas de supervivencia un 40% tras parada cardíaca, cando se inician desde o minuto cero por persoas coñecedoras destas manobras

Con motivo da celebración do Día Mundial da Resucitación Cardiopulmonar, profesionais sanitarios da Área Sanitaria de Vigo desenvolveron hoxe diversas actividades informativas e formativas dirixidas a máis de 800 estudantes, co obxecto de sensibilizarlles da relevancia e repercusións da morte súbita cardíaca e estimular a educación sanitaria entre a poboación nas técnicas de Resucitación Cardiopulmonar (RCP).

Neste senso, un total de 18 profesionais sanitarios -médicos, enfermaría e TCAEs -do servizo de Medicina Intensiva do Hospital Álvaro Cunqueiro achegáronse hoxe a varios centros educativos para dar a coñecer a 450 estudantes as nocións básicas da reanimación cardiopulmonar. Os centros aos que acudiron foron os CEIP Atín e o Colexio Lar de Mos; o CEIP Covaterreña en Baiona; e os Colexios As Acacias e Barreiro en Vigo.

Centro de saúde de Ponteareas

O centro de saúde de Ponteareas tamén desenvolveu unha actividade docente xunto co Concello de Ponteareas, e en colaboración con diversas asociacións como Avelaíña e a Asociación de Técnicos de Emerxencias Sanitarias. Así, amosaron estas técnicas a máis de 400 nenos e nenas no Auditorio Reveriano Soutullo .

Desde a Área Sanitaria de Vigo agradecéselle esta iniciativa a todos os profesionais que hoxe participaron nestas actividades, moi concienciados coa importancia e necesidade de informar e formar á poboación neste tema, e que están a realizar un esforzo para compaxinar o seu traballo asistencial coa educación en saúde á cidadanía.

Unha rápida intervención eleva a supervivencia un 40%

A principal causa de paro cardíaco, de aparición repentina e inesperada nunha persoa que aparentemente atópase en bo estado de saúde, é o infarto agudo de miocardio, que provoca una fibrilación ventricular (arritmia que ocasiona que o corazón perda a súa capacidade de contraerse de

forma organizada, polo que deixa de latexar). A persoa que sufre un paro cardíaco e non é atendida rapidamente pode morrer ao cabo duns minutos.

Segundo organismos internacionais, para que a supervivencia por paro cardíaco aumente, ao redor do 20% da poboación debería estar formada en técnicas de Resucitación Cardiopulmonar.

Así pois, considerando que a supervivencia de moitas vítimas depende da Reanimación Cardiopulmonar e da desfibrilación precoz, e tendo en conta que a intervención dentro dos 3-4 primeiros minutos aumenta as posibilidades de supervivencia a máis do 40%; cómpre aumentar a porcentaxe de persoas formadas en RCP. Ademais, os primeiros minutos son fundamentais non só para a supervivencia senón para reducir as secuelas.

Neste contexto, o principal obxectivo destes obradoiros é dar a coñecer a cadea de supervivencia incidindo nos tres primeiros elos. A mensaxe é sinxela: cómo reiniciar un corazón en tres pasos: Comproba, que o paciente non responde e non respira; Chama, pide axuda correctamente (112 ou 061); e Comprime, inicia a masaxe cardíaca de xeito continuado e coa técnica correcta.

Deja una respuesta

Hide picture