Vigo, Galicia
Vigo

El Área Sanitaria de Vigo reorganiza la atención sanitaria en el periodo estival en la línea de los últimos años

Na planificación asistencial do Chuvi manterase operativas este verán o 88% das camas funcionantes

Esa adecuación de recursos realízase en función da demanda asistencial e atendendo aos índices de ocupación de anos anteriores

-A Área Sanitaria dispón dun Plan de Continxencia que permite adoptar as medidas necesarias en caso de situacións imprevisibles, garantindo a posibilidade da posta en marcha inmediata das camas no caso de que sexa preciso

A Área Sanitaria de Vigo ven de presentar á Comisión de Centro de Atención hospitalaria a reorganización asistencial que, como é habitual, ten que realizarse para o período estival, co obxecto de adaptar os recursos sanitarios á actividade desta época do ano.

Nesta planificación estarán operativas o 88% do total das camas dispoñibles nos centros hospitalarios, unha porcentaxe similar á dos últimos anos.

A reorganización das unidades de hospitalización realízase en función da demanda asistencial e atendendo aos índices de ocupación, tras efectuar unha análise pormenorizada dos datos de máxima ocupación quincenal rexistrada neses meses estivais en anos anteriores.

Así, esta cifra pon de manifesto unha axeitada planificación dos recursos dispoñibles e garante que todos os pacientes, en todos os casos, ingresan cando o precisan nunha cama a cargo do servizo especializado adecuado para a súa atención.

Plan de Continxencia

Ademais, a Área Sanitaria dispón dun Plan de Continxencia que permite adoptar as medidas necesarias en caso de situacións imprevisibles, adecuando os recursos asistenciais ás necesidades.

Neste senso, hai que lembrar que as camas inhabilitadas seguen estando dispoñibles ao 100% e, en caso de necesidade, poden activarse en calquera intre de xeito inmediato.

A época estival é a estación do ano na que se observa unha diminución tanto da prevalencia como da morbilidade de determinadas patoloxías estacionais, o que implica que haxa un menor número de pacientes susceptibles de atención sanitaria.

De aí, que a planificación do número de camas en época estival xustifíquese nos menores índices de ocupación hospitalaria.

De xeito paralelo, racionalízanse as actividades sanitarias valorando os recursos humanos dispoñibles, posto que o verán, como sucede con outras profesións, é o período máis demandado polo persoal para desfrutar das súas vacacións regulamentarias. Isto condiciona a necesidade de substituír aos profesionais, xa que esta substitución non é posible en determinadas especialidades de persoal facultativo, polo que quedarían incompletos os equipos asistencias necesarios para realizar determinadas funcións.

Ademais, o verán é o momento máis axeitado para realizar certo tipo de obras, reformas ou actuacións de mantemento nos centos hospitalarios.

En definitiva, trátase de adaptar os recursos á actividade, de xeito que os pacientes teñan á súa disposición os recursos que precisen, e os profesionais poidan traballar de maneira máis racional e cómoda, garantindo a atención naqueles procesos que non admiten demora.

Deja una respuesta

Hide picture