Vigo, Galicia
Vigo

El Área Sanitaria de Vigo conmemora el Día Internacional de la Enfermería Comunitaria

― A Atención primaria viguesa conta 54 profesionais de enfermaría familiar e comunitaria nos diferentes centros de saúde e con 24 residentes realizando a especialidade

― -O obxecto é prestar unha asistencia sanitaria proactiva centrada na educación sanitaria, na prevención da enfermidade e na promoción da saúde coa participación da cidadanía

A Área Sanitaria de Vigo sumouse á celebración do Día Internacional da Enfermería Comunitaria coa realización de varias actividades informativas nos centros sanitarios, co obxectivo de difundir e dar a coñecer á poboación xeral as funcións e capacidades destes profesionais de enfermaría con formación especializada.

A orientación comunitaria deste persoal de Atención Primaria trae consigo un cambio de paradigma que supón a evolución dunha atención sanitaria centrada na enfermidade a outra focalizada nas persoas e no seu contexto social. Polo tanto, trátase de cambiar o modelo, co obxecto de prestar unha asistencia sanitaria proactiva centrada na educación sanitaria, na prevención da enfermidade e na promoción da saúde coa participación da cidadanía.

Así, a atención comunitaria orientase cara á detección e priorización das necesidades e problemas de saúde, identificando os recursos comunitarios dispoñibles, priorizando as intervencións e elaborando programas orientados a mellorar a saúde da comunidade, en coordinación con outros dispositivos sociais e educativos.

De xeito proactivo a atención comunitaria busca adiantarse á enfermidade, de forma que a prevención e detección precoz permitan que as persoas tarden máis en converterse en pacientes. Para aqueles que xa son pacientes crónicos esta anticipación evita, na medida do posible, descompensacións das súas patoloxías de base.

Seguimento de pacientes crónicos e actividades grupais

Nesta liña, os profesionais de enfermaría especializada realizan un seguimento proactivo e continuado dos pacientes crónicos (con obesidade, hipertensión arterial, diabetes…) para manter as súas enfermidades baixo control.

Ademais, desenvolven actividades preventivas e de promoción da saúde grupais, a través de diferentes obradoiros e sesións informativa para informarlles de temas relacionados cos hábitos de vida saudables como a identificación das conductas aditivas (tabaco, alcohol…), a importancia dunha dieta san ou do exercicio físico, etcétera.

El Área Sanitaria de Vigo conmemora el Día Internacional de la Enfermería Comunitaria
El Área Sanitaria de Vigo conmemora el Día Internacional de la Enfermería Comunitaria

Deja una respuesta

Hide picture