Vigo, Galicia
General Vigo

El Álvaro Cunqueiro entre los 5 hospitales europeos elegidos como centro de formación radiológica

  • -É o hospital de España seleccionado pola Sociedade Europea de Radioloxía Uroxenital para impartir formación avanzada a radiólogos e radiólogas que queiran especializarse en patoloxía Uroxenital
  • -Nesta elección valorouse a súa dotación tecnolóxica, a capacitación dos seus profesionais e súa experiencia no manexo das novas técnicas avanzadas
  • -Trátase dun recoñecemento que pon de manifesto os elevados estándares de calidade da radioloxía da sanidade publica viguesa

O servizo de Radioloxía do Álvaro Cunqueiro entrou no ranking dos 5 mellores hospitais europeos, seleccionados pola Sociedade Europea de Radioloxía (ESR) para o inter-cambio de becas de formación académica en toda Europa (European School of Radiology).

De feito, é o único centro de España elixido para impartir esta formación superespecializada, xunto a 1 hospital de de Francia, 2 de Gran Bretaña e 1 de Suiza.

Así, nas próximas datas se seleccionaran en función do Curriculum Vitae a aquel/es radiólogos para que veñan a formarse a Vigo.

Segundo explica a xefa de sección da área de Radioloxía Abdominal e Xenitourinaria, a doutora Milagros Otero, “é un orgullo ser seleccionado como centro formador, xa que na elección valoráronse diferente criterios, como a importante dotación de equipamento radiolóxico dispoñible; a gran capacitación dos nosos profesionais, cunha acreditada experiencia no desenvolvemento das novas técnicas; así como o elevado volume de actividade realizada”.

Radioloxía de vangarda

Ao longo dos últimos anos, o servizo de Radioloxía do Álvaro Cunqueiro ten feito un traballo recoñecido en moitos ámbitos. Está presente nos congresos nacionais e internacionais da especialidade. O feito de dispoñer de todas as técnicas avanzadas de diagnóstico -nas cales se inclúen as últimas ferramentas de Intelixencia Artificial- e a posta en marcha da Unidade de Investigación en Radioloxía, o converte nun servizo referente ao que enviar a formarse os radiólogos e radiólogas do futuro.

Neste senso, o xefe do servizo de Radiodiagnóstico, o doutor Xan Vieito afirma que “unha vez máis ponse de manifesto que a radioloxía do CHUVI sitúase nos máis altos estándares da radioloxía europea, e isto é posible polo gran traballo en equipo realizado polos radiólogas e radiólogos, xunto co persoal técnico e de enfermería deste servizo”

Foto Radioloxu00eda

Deja una respuesta