Vigo, Galicia
Vigo

El Álvaro Cunqueiro, en el foco internacional de la innovación en cardiología.

― O Simposio INNOVA-VIGO 2024 chega a súa quinta edición como referente internacional no que respecta ás máis recentes innovacións en prevención, diagnóstico e terapéutica da patoloxía cardiovascular

Participarán especialistas procedentes de centros hospitalarios e Universidades de España, Holanda, Bélxica e Reino Unido

Aínda que se organiza de maneira presencial, o éxito internacional deste evento derívase da súa emisión simultánea online, con gran seguimento, en especial, de países de Latinoamérica

Hoxe inaugurouse a quinta edición de INNOVA-VIGO, un simposio internacional que afonda na actualización e no avance do coñecemento na patoloxía cardiovascular; nas innovacións con valor engadido na prevención, diagnóstico e terapéutica desta patoloxía; e na análise dos últimos proxectos de gran impacto en investigación e innovación nesta área de coñecemento.

O V Simposio INNOVA-VIGO 2024, que se celebra no H. Álvaro Cunqueiro ata o próximo xoves 22 de febreiro, está organizado polo servizo de Cardioloxía, a Fundación Interhospitalaria de Investigación Cardiovascular, e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur.

Ao longo destes catro días, especialistas procedentes de centros hospitalarios de Valencia e Barcelona; e de Centros de investigación e Universidades de España, Holanda, Bélxica e Reino Unido compartirán os máis novidosos avances no estudo, prevención, diagnóstico e tratamento das patoloxías cardiovasculares, incluíndo novas técnicas de intervención e o papel do emprego da intelixencia artificial neste área da medicina.

As máis recentes novidades

Este Simposio, que chega a súa quinta edición cun éxito de participación crecente convocatoria tras convocatoria, está dividido en catro xornadas nas que se abordarán temas que van dende a innovación en medios e técnicas de imaxe cardiovascular, ata o emprego de intelixencia artificial en electrofisioloxía, pasando por novas técnicas de intervención e tratamentos ou as investigacións sobre prevención de risco vascular e rehabilitación cardíaca.

Cada un destes aspectos abórdanse a través dos diferentes relatorios que se presentan por parte destes especialistas, actuando como moderadores os responsables da organización deste Simposio, os Dres. Andrés Íñiguez, xefe do Servizo de Cardioloxía da Área Sanitaria de Vigo, e Victor Alfonso Jiménez Díaz, director da Unidade de Investigación Cardiovascular do mesmo servizo, acompañados de especialistas expertos no tema concreto que estase a presentar/debater en cada momento.

Repercusión internacional

O evento desenvólvese no Salón de Actos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, aínda que o groso dos participantes neste Simposio fanno a través da súa emisión online. De feito, o motivo de facer este encontro en horario vespertino é poder satisfacer unha crecente asistencia virtual dende o estranxeiro, facilitando este horario a súa difusión, sobre todo en Latinoamérica, no que existe un gran interese e seguimento.

De feito, cada ano auméntase o número de participantes por esta vía, pasando no ano 2022 de ao redor de 500 persoas conectadas, ás cerca de 700 no pasado 2023 que se asomaron ao encontro por internet, países como España e Portugal, México, Arxentina, Panamá, Guatemala, entre outros. Os organizadores prevén nesta edición poder chegar case que ao millar de participantes.

Deja una respuesta