Vigo, Galicia
Vigo

El Álvaro Cunqueiro centro de referencia nacional en nutrición clínica y calorimetría

― O servizo de Medicina Intensiva imparte formación en calorimetría indirecta en pacientes da UCI a especialistas doutros hospitais de España

― O equipo da Unidade de Coidados Intensivos leva realizadas 500 monitorizacións calorimetrícas aos pacientes intubados, sendo o hospital español con maior número de determinacións realizadas

― A dotación dun novo equipamento, un medidor de calorimetría, permite calcular exactamente as necesidades de inxesta calórica de cada paciente

― Una correcta achega nutricional supón unha evolución máis rápida do paciente e un mellor prognóstico

O servizo de Medicina Intensiva do Álvaro Cunqueiro ven de impartir un curso de nutrición clínica e calorimetría indirecta no que participaron media ducia de especialistas das Unidades de Coidados Intensivos dos hospitais Virgen de Rocio e Virgen de Macarena, de Sevilla. Estes obradoiros encádranse na catalogación do Álvaro Cunqueiro como hospital de referencia nacional desta disciplina, e, polo tanto, centro de formación doutros profesionais españois nesta especialidade.

No marco do Programa de Desnutrición Zero, o servizo de Medicina Intensiva incorporou o pasado ano unha nova prestación á súa carteira de servizos, a monitorización con calorimetría indirecta.

Para isto foi necesario a dotación dun novo equipamento, un medidor de calorimetría, que permite calcular exactamente as necesidades de inxesta calórica de cada paciente. Segundo explica a coordinadora deste Programa, a intensivista Eva Menor “trátase de coñecer de xeito obxectivo, individualizado e personalizado o gasto enerxético de cada paciente para aportarlle exactamente as quilocalorías que necesite. Ata hai pouco este cálculo se realizaba con fórmulas matemáticas, que tiñan en conta parámetros como a talla, o peso e a patoloxía do paciente, pero tratábanse de ecuacións estimativas, cunha elevada porcentaxe de erros; o novo equipamento nos permite coñecer con exactitude e fiabilidade os requirimentos nutricionais de cada paciente.”

500 monitorizacións a pacientes intubados

En pouco máis dun ano levan realizadas 500 determinacións a pacientes intubados, converténdose no hospital de España cun maior número de monitorizacións realizadas. Para isto contan cun equipo de profesionais composto por 1 enfermeira e 2 TCAEs, formadas e adestradas nesta técnica, e coordinadas pola doutora Eva Menor.

“É importante aportar as doses nutricionais exactas que necesita cada paciente, xa que tanto se recibe de máis como de menos pode producir complicacións; hoxe en día a nutrición xa é un elemento máis do tratamento pautado ao paciente.”

Beneficios para os pacientes

No momento actual, a monitorización con calorimetría tense convertido nunha ferramenta fundamental, de gran eficacia, xa que dun xeito moi rápido aporta uha información imprescindible e fiable. “Trátase doutro monitor, como o que mide a función respiratoria ou a frecuencia cardíaca, completamente integrado nos nosos protocolos asistenciais”, asegura a doutora Menor.

Neste tempo, os especialistas teñen constatado os beneficios derivados dunha correcta achega nutricional para os pacientes ingresados nas Unidades de Coidados Críticos. Cabe subliñar a diminución dos tempos de estancia nestas Unidades, e que os pacientes saen da UCI cuns correctos niveis nutricionais. Ademais, presentan menos complicacións, como a perda de masa muscular. Isto é, permite unha evolución máis rápida e un mellor prognóstico.

Deja una respuesta

Hide picture