Vigo, Galicia
Vigo

El albergue de peregrinos de Vigo ya acogió a 200 caminantes de 17 países durante la semana santa

Persoas procedentes de Francia, Inglaterra, Alemaña, Eslovenia, Italia, Bélxica, Holanda, Portugal, Colombia, Polonia, Eslovaquia, República Checa, Romanía, Taiwan, Ucraína, EEUU e España pararon no novo albergue

As instalacións viguesas, nas que a Xunta investiu 1,8 millóns de euros, xa recibiron preto de 2.500 persoas desde a súa apertura o pasado 1 de xullo, cun importante repunte en marzo e abril

― “É outra mostra da importancia da cidade no Xacobeo e a necesidade de sinalizar a ruta para que os peregrinos non camiñen polas rúas sen rumbo debido á falta de implicación do Concello”, asegura a delegada

Preto de douscentos peregrinos de 17 países diferentes xa pasaron nos últimos sete días polo albergue público de peregrinos Juan Manuel López Chaves. A nova instalación aberta pola Xunta de Galicia o pasado verán, tras un investimento de 1,8 millóns de euros, converteuse xa nun elemento dinamizador do Casco Vello de Vigo e esta Semana Santa ratifica o seu éxito como grande hospedería no Camiño da Costa.

O incremento da ocupación no albergue queda patente desde o pasado venres 8 de abril, cando as instalacións recibiron a 13 peregrinos. O sábado xa foron 20 e o domingo outros 32. Este pasado luns fixeron parada 15 persoas, o martes ascendeu a 30, mesma cifra que o mércores, mentres que a suma do xoves e o venres superou as 50. Os países de procedencia son: Francia, Inglaterra, Alemaña, Eslovenia, Italia, Bélxica, Holanda, Portugal, Colombia, Polonia, Eslovaquia, República Checa, Romanía, Taiwan, Ucraína, Estados Unidos e España.

Os datos acadados nos primeiros nove meses de funcionamento demostran o éxito dunha infraestrutura que conta con capacidade para 93 persoas en 7 habitacións e dispón tamén de cociña, comedor, zona de ocio e aseos. Así, no ano 2022 nótase xa o aumento da afluencia, pasando das 34 persoas que se aloxaron en xaneiro a 63 en febreiro e 215 en marzo.

“Estamos novamente ante outra mostra da importancia da cidade no Xacobeo e a necesidade de sinalizar a ruta, non vou a cansarme de repetilo, porque centos de peregrinos camiñan polas nosas rúas sen rumbo debido á falta de implicación do Concello”, apuntou a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias.

Desde a súa apertura, o pasado 1 de xullo de 2021, o albergue recibiu a un total de 2.484 peregrinos. A súa procedencia e do máis diversa, con especial afluencia de camiñantes europeos que chegan de Portugal, Bélxica, Ucraína, Suecia, República Checa, Alemaña, Holanda, Italia, Estonia, Dinamarca, Polonia, Eslovaquia, Escocia ou Inglaterra.

Ademais, o albergue recibiu unha importante afluencia de camiñantes doutros puntos o mundo, como Estados Unidos, Argentina, Colombia ou China. No caso de España hai camiñantes procedentes de todas as comunidades, incluídas as cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

A diversidade na procedencia dos peregrinos que durante este tempo se aloxaron no establecemento do Berbés confirma, en opinión da representante autonómica, a popularidade do Camiño nos diferentes territorios e especialmente do Camiño Portugués da Costa, un dos que rexistrou os maiores incrementos nos últimos anos e que se mantén en auxe.

O edificio conta con seis plantas nunhas instalacións accesibles para dar resposta á demanda de aloxamento, que reflexa o compromiso do Executivo galego para que a cidade contase co albergue de peregrinos que se merece. Marta Fernández-Tapias destacou os beneficios que reporta o Camiño ás economías locais, máis aínda cando as rutas xacobeas comenzan a rexistrar un notable incremento de peregrinos.

Deja una respuesta