Vigo, Galicia
Vigo

Ecoloxistas en Acción denuncia la tala sistemática de la arbolada urbana realizada por el Ayuntamiento de Vigo

  • Ecoloxistas en Acción denuncia que desde 2011 foron talladas un total de 13.543 arbores en Vigo, das cales 1.005 árbores eran espécimenes históricos e de gran porte. Segundo o reconto realizado polo colectivo Amigas das Arbores.
  • Ecoloxistas en Acción apoia as accións de Amigas das Árbores para impedir a  talla indiscriminada de árbores na ladeira da Falperra, en Avenida Arquitecto Palacios e o rexeitamento as tallas arbitrarias, xa executadas, na rúa Manuel Olivié.

Ecoloxistas en Acción amosa o seu total desacordo coa actuación de talla sistemática que se leva facendo na cidade de Vigo, e que desde 2011, segundo datos de Amigas das Árbores, leva talladas un total de 12.543 árbores en Vigo, Para a organización ecoloxista son totalmente insuficientes os argumentos de que as árbores están enfermas, de ser especies invasoras (concepto complemento alleo á flora urbana) ou o de propagar. Sinalan, ademais,  a ausencia de informes técnicos que xustifiquen tallas tan masivas e continuadas no tempo.

Estáse atacando a un patrimonio natural que é tamén patrimonio histórico. Destrúese o perfil arbóreo da cidade. Non hai unha xestión integral do arboredo urban de Vigo, non hai planificación e así imos sufrindo tallas arbitrarias e indiscriminadas”, denuncia Xaquín Pastoriza, coordinador do grupo de Vigo de Ecoloxistas en Acción, quen ademais asegura que cada vez maior parte da poboación rexeita estas cortas masivas e que froito desa indignación xurden colectivos cidadás como As Amigas das Árbores.

Sinalan que na rúa Manuel Olivié estánse a tallar todos os Castiñeiros de Indias, coa excusa de que hai exemplares enfermos. Serán substituídos por Ginkos, especies igual de exóticas, pero que de considerable menor porte e por tanto, menor sombra e menor capacidade de captación de CO2.

No caso das acacias negras na ladeira da Falperra, que teñen máis de 50 anos, Ecoloxistas en Acción alerta de que estas atópanse moi próximas aos cedros atlánticos. Polo que atendendo a precedentes como os dos exemplares da mesma especie abatidos en Ronda Don Bosco, se temen que corran un destino semellante, alterándose drasticamente o perfil urbano tradicional desa zona, unha paisaxe xa consolidada no casco urbán vigués.

Segundo o voceiro de Ecoloxistas en Acción, esta política de tallas constante e reducción de espazos verdes do Concello hipoteca un futuro verde e sostible na cidade, impedindo que Vigo mitigue o efecto “Illa de calor”, con temperaturas elevada do verán, ante a erradicación masiva de sombra arbórea.

Ecoloxistas en Acción leva tempo avisando de que o Concello ten que manter e potenciar o máximo número de exemplares arbóreos en rúas, prazas e parques. Consideran que os servizos ecosistémicos das árbores urbanas son moi importantes para o benestar e a saúde da cidadanía e a calidade de vida nas cidades.

Hai anos rexistramos o proxecto Bosque Urbano de Vigo para a recuperación arbórea do Castro, sen que o Concello se dignase a escoitalo”, resalta Xaquín Pastoriza e denuncia que a cidade “continúa sen un Plan municipal de infraestrutura verde«, polo que Vigo queda totalmente afastada das cidades que están a realizar esforzos para mellorar zonas verdes, ampliar zonas peonís e potenciar a calidade do arboledo urbano co obxectivo de loitar contra o cambio climático, mellorar a calidade de vida e a saúde da cidadanía.

Ecoloxistas en Acción Rías Baixas apoia as actividades e mobilizacións de Amiga das Árbores, da veciñanza da Falperra e da plataforma Vigo/Verde Salvemos a Barroca, como a performance que realizará o colectivo Cova este domingo ás 12h para defender a carballeira de Casaliños, en Navia

Deja una respuesta