A organización ecoloxistas viguesa propón que se acometan de inmediato todos os traballos necesarios para salvar unha das árbores más queridas e representativas da flora do parque do Castro de Vigo.
Na entrada á fortaleza do parque do Castro de Vigo, medra unha Melaleuca da especie Melaleuca armillaris, tamén coñecida como “Brazalete”. Esta árbore singular se caracteriza por ter un tronco curvado e tumbado no chan e serve de escenario fotográfico e de xogos para moitas cidadáns e turistas.
As fortes rachas de vento do temporal Karim tiraron parcialmente a árbore. Levantaron o exemplar rompendo parte das raíces. Outras árbores sufiron estragos na ramaxe e varios exemplares chegaron a desplomarse.
Trás a observación e valoración do estado da melaleuca, o Área de Biodiversdade urbana de Ecoloxistas en Acción estima que é posible restablecer a árbore devolvendo o tronco á súa posición mediante apoio físico e replantando as raíces.
Unha acción urxente evitaría a morte da árbore, preservando así este exemplar tan valorado polas viguesas e vigueses.