Vigo, Galicia
Galicia

Ecologistas en Acción denuncia que la ciudad deportiva del Celta está vertiendo fecales sobre los manantiales de las traídas de agua de Mos

  • Ecoloxistas en Acción denuncia ante a Confederación Hidrográfica Miño – Sil a existencia dun emisario de fecais procedente da cidade deportiva do Celta en Mos que está vertendo no monte de Tameiga enriba dos mananciais das Traídas de auga veciñais.
  • As análeses encargadas por Ecoloxistas en Acción a un laboratorio autorizado polo Ministerio sinalan que a vertedura ten unha carga de fecais que supera en 35 veces o máximo permitido.
  • Grazas a alerta dun veciño, detectouse esta tubería de gran diámetro que sae soterrada do alxibe de refugallos da cidade deportiva do Celta e cuxa boca está agochada entre matorrais.

Tras o aviso dun vecio da zona, membros de Ecoloxistas en Acción inspeccionaron o perimetro nordeste que limita co monte de Tameiga, atopándose cunha tubería de gran diametro que sae soterrada da cidade deportiva, a altura da cuba de refugallos, e verte a uns metros ladeira abaixo, coa boca da tubaxe ben agochada entre arbustos. 

A zona de vertido desta tubería é xusto na ladeira do monte de Tameiga onde a poucos metros se atopan varios pozos de extracción das traídas de auga veciñais de Mos, que abastecen a gran parte dos fogares das varias parroquias de Tameiga, Petelos e Sanguiñeda.

Ante a alarma xerada por este verídico, ecoloxistas en Acción solicitou a un labarotario autorizado polo ministerio a recollida de mostras e posterior análese. Os resultados do laboratorio reflicten que o vertido da cidade deportiva do Celta contén unha concentración de 3600 ufc/100 ml de Coliformes totales cando o máximo permitido é 100, contén 1700 ufc/100 ml de Enterococos e tamén de Estreptococos cando o máximo permitido é 100, e tamén superan a concentración de coliformes fecais e  Escherichia coli en varias magnitudes el máximo permitido.

Ecoloxistas en Acción ven de denunciar ante a Confederación Hidrográfica Miño – Sil o que a todas luces semella un vertido de fecais ilegal que está poñendo en perigo á saude das familias que se abastecen de auga dos pozos que se atopan ladeira abaixo do vertido. Tamén puxeron en coñecemento da situación á plataforma A auga é vida que agrupa ás traídas afectadas e á propia Comunidade de Montes de Tameiga. 

“O Celta coñece de sobra a existencia dos mananciais e captacións de auga das traídas nesta zona e aínda así está facendo un vertido continuado con alta carga de fecais que é unha ameaza para a saúde pública da veciñanza de varias parroquias de Mos. Isto é un delito ambiental, pero tamén un atentado contra a saúde pública que levaremos ante a xustiza”, declara Elena Álvarez Antelo, enxeñeira forestal e voceira de Ecoloxistas en Acción.

Deja una respuesta