Vigo, Galicia
Vigo

Ecologistas en Acción denuncia que el nivel de ruido en Vigo afecta gravemente la salud de la población

Ecoloxistas en Acción presenta co gallo do día internacional de Concienciación sobre o Ruido, una peza audiovisual que resalta a grave contaminación acústica que sofre a poboación viguesa e o desleixo da administración para atallar esta situación.

A organización ecoloxista lembra que o ruído é un son daniño e molesto. Ás veces, causa danos auditivos perfectamente avaliables como cava de tímpano ou perda auditiva de diferentes graos de consideración. Neste caso o dano é evidente. Con todo, non é necesario que cause danos directos no oído. Os efectos non auditivos do ruído son quizá aínda máis importantes que os auditivos e moi descoñecidos ou minusvalorados. O ruído ambiental, mesmo cando non é percibido subxetivamente como un problema, está a ocasionar efectos negativos na saúde das persoas. 

Nun informe elaborado por Ecoloxistas en Acción alértase de que en todas as ubicacións nas que se realizaron medicións do ruído xerado polo tráfico en Vigo, os datos obtidos reflexaron unha alta contaminación acústica. O valor medio en case todos os nós ronda os 80 decibelios con picos superiores aos 90 decibelios. Estos valores exceden ambos o máximo de 53 db diurno e 45 db nocurtno recomendado pola OMS. Ditos máximos recomendados supéranse nun 50%  e 69%  respectivamente.

 A Organización Mundial da Saúde (OMS) considera a contaminación acústica como un dos principais factores ambientais con maior impacto na saúde. A Comisión Europea cifra en 10.000 as mortes prematuras ao ano por mor do ruído. Estes son os principais trastornos non auditivos relacionados co ruído, segundo un recente informe elaborado polo Observatorio DKV Saúde e Medio Ambiente: 

  • Psicolóxicos: Desde molestias, percepción de perda de benestar e calidade de vida ata estrés, ansiedade e depresión, entre outros. 
  • Soño: Desde insomnio por imposibilidade de conciliar o soño ou provocar espertares ata efectos máis sutís, como alteracións da estrutura do soño, os seus ciclos, etapas, profundidade… con microdespertares ou imposibilidade de soño profundo e reparador, que ocasiona efectos cardiovasculares e doutro tipo negativos. 
  • Cognitivos: Tamén provoca interferencias na comunicación oral, diminución do rendemento e a aprendizaxe e mesmo deterioración cognitiva en nenos. Cardiovasculares: O ruído incrementa o risco cardiovascular, incrementando a hipertensión e as enfermidades isquémicas cardíacas, como anginas de peito e infartos agudos de miocardio, así como ictus. 
  • Mortalidade: O aumento de ingresos hospitalarios por distintas causas, incremento de mortalidade por causas respiratorias, cardiocirculatorias e diabetes en certos grupos de idade (maiores de 65 anos). 
  • Maternidade: Recentemente atopouse asociación entre ruído de tráfico, partos prematuros, baixo peso ao nacer e mortalidade infantil.

Ecoloxistas en Acción agarda que con esta campaña o Concello de Vigo tome conciencia do grave prexuizo para a saúde das viguesas e vigueses que causa o excesivo ruido, e que se adopten medidas para reducilo a niveis saudables. 

Deja una respuesta