- Nove organizacións esixen ao Alcalde e á Xunta un plan para que a vivenda social en Vigoacade o 15% do total do parque
- Presentan un decálogo de propostas que inclúe o rexistro de vivendas dispoñibles, promocióndo alugueiro social e público, control de prezos dos alugueiros, un plan con perspectiva dexénero e cartos para acadar o 15% de vivenda social, ningún desafiuzamento sen alternativahabitacional e garantir a non discriminación.
Amnistía Internacional, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, Fundación Érguete – Integración, Os Ninguéns, a
Parroquia do Cristo da Vitoria, Proclade Fundación, Provivienda, a Rede Social Galicia Sur e o Sindicato das Inquilinas
– Sindicato de Vivenda remitiron senllas cartas ao Alcalde de Vigo e á Delegada da Xunta nas que reclamaron que os
orzamentos para 2024 de ambas administracións inclúan medidas que permitan poñer en práctica un decálogo de
medidas para garantir o dereito á vivenda en Vigo.
“Reclamamos un plan plurianual que garanta o incremento progresivo do parque mínimo de vivenda destinado
a políticas sociais, incluído o alugueiro social, e un calendario para acadar a media europea do 15% de vivenda
social do parque municipal de vivendas en Vigo”, sinalou Isabel Flores, voceira de Amnistía Internacional en Vigo.
“O tráxico incendio ocorrido na R/ Alfonso X de Vigo na madrugada do pasado mércores 11 de outubro no que faleceron
catro persoas, tres delas menores, e outras nove foron hospitalizadas, pon de manifesto a necesidade urxente deste
plan de vivenda social”, manifestou Ana Pardo, voceira de Provivenda.
“O berro dunha das veciñas afectadas por este incendio no que se preguntaba “U-la vivenda social que necesitamos
todos? sinala directamente o fondo do problema relacionado con este suceso. A situación é insostible e cómpre actuar
xa. Desde o verán morreron en Vigo 16 persoas en situación de senfogarismo. Xunta e Concello deben impulsar o
alugueiro social e público decontado”, destacou Carla Leiras, voceira de Os Ninguéns.
“Segundo datos oficiais, o prezo medio actual do alugueiro en Vigo duplicouse na última década e a principios de
2023 era de 590 Euros, cifra que pode duplicarse en zonas como o centro ou Canido” declarou Adolfo Telmo Pérez,
voceiro do Sindicato das Inquilinas- Sindicato de Vivenda, que denunciou que “en 2022 houbo 266 desafiuzamentos
na provincia de Pontevedra, cunha media de 5 á semana. “Pedimos ao Concello que solicite á Xunta a aplicación do
control de prezos de alugueiros en zonas tensionadas de Vigo para garantir o acceso ao dereito humano da
vivenda, que debe ser alcanzable, non un ben de investimento ou un produto de luxo”.
Decálogo para garantir o acceso o dereito á vivenda para todas as persoas, a non discriminación e enfoque de
xénero
Para garantir o dereito á vivenda, as nove organizacións propoñen ao Concello e á Xunta un decálogo de medidas,
seis delas urxentes e catro a medio prazo:
Establecer un rexistro adecuado das vivendas dispoñibles en Vigo, incluídas as vivendas da Sareb
dispoñibles para alugueiro social.
Promover o alugueiro social, en particular o alugueiro público, artellando e dinamizando unha bolsa de
vivenda de alugueiro con garantías para as persoas propietarias e apoio para as inquilinas que incentive que
as vivendas dispoñibles se dediquen ao alugueiro que garanta que se conta con recursos e vivendas propios
que permita dispoñer de alternativas para situacións de emerxencia.
Adoptar medidas para evitar o crecemento do número de vivendas baleiras e sistemas que permitan que
as persoas que as necesitan poidan acceder a elas.
Aplicar decontado as medidas de control de prezos en zonas tensionadas segundo o disposto no artigo 18
da Lei 12/2023 de Vivenda.
Incluír nos orzamentos de 2024 unha partida orzamentaria cun obxectivo cuantificable que garanta un
parque mínimo de vivendas destinadas a políticas sociais, incluído o alugueiro social. Este obxectivo
debería ser, como mínimo, o equiparable ao estándar dos países da nosa contorna da Unión Europea do 15%
das vivendas principais existentes.
Garantir o incremento necesario dos recursos humanos e financeiros nas partidas dos orzamentos de 2024
dedicadas aos Servizos Sociais para que poidan desenvolver o seu labor de forma eficaz.
As catro medidas a medio prazo propostas son:
Elaborar, coa participación das organizacións especializadas e das persoas afectadas, un plan plurianual que
determine unha porcentaxe anual de incremento progresivo do parque de vivenda social e estableza un
calendario para acadar, o máis axiña posible, o obxectivo do 15% do estándar europeo do parque municipal
de vivenda social.
Garantir que ningún desafiuzamento deixa ás persoas na rúa, potenciando o Programa contra
Desafiuzamentos do Concello de Vigo cun protocolo específico de actuación en casos de desafiuzamento
por impagamento hipotecario ou por alugueiros, que permita asegurar que toda persoa desafiuzada dispón
dunha alternativa habitacional adecuada, que deberá ser pública, no caso de que outra solución non estea
dispoñible, garantindo así unha vivenda alternativa a persoas sen recursos.
Incorporar a perspectiva de xénero nas políticas municipais de vivenda, dado que as mulleres teñen unha
maior taxa de risco de pobreza, maior precariedade laboral e peores indicadores socioeconómicos.
Garantir a non discriminación, incluíndo medidas para evitar calquera tipo de discriminación no acceso á
vivenda garantindo o seu acceso a todas as persoas residentes en España.
“A vivenda social é clave para garantir o acceso á vivenda cando as condicións do mercado inmobiliario son
un obstáculo insuperable para moitas persoas en situación de vulnerabilidade”, declarou Juan Antonio Terrón,
voceiro da parroquia Cristo da Vitoria..
“Para garantir o acceso ao dereito á vivenda non hai unha única receita máxica, senón que cómpre adoptar unha
serie de medidas, algunhas urxentes e outras a medio prazo, para garantir o acceso do dereito á vivenda para todas
as persoas, a non discriminación e o enfoque de xénero”, Fran del Riego, voceiro da Rede Social Galicia Sur, que
agrupa a 16 organizacións de Vigo.
“A combinación destas medidas mitigaría o impacto deste problema. Facelo é responsabilidade da Xunta e do
Concello”, destacou José Ángel Iglesias, voceiro de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo.
“O parque de vivendas sociais en España representa o 2,5% do total de vivendas, moi lonxe da media do 9% de
media dos países da Unión Europea“, subliñou Ana María Álvarez, voceira da Fundación Érguete-Integración.
“Dese parque, só un 1,6% das vivendas existentes están dedicadas a políticas sociais, mentres que a media dos
países da nosa contorna supera o 15%”, manifestou Carmen López, da Fundación Proclade. España só supera a
Eslovaquia, Bulgaria, Portugal, Estonia, Croacia, Romanía, Grecia ou Chipre e está moi lonxe dos países con maior
taxa de vivenda social como Países Baixos (30%), Austria (24%) Dinamarca (21%) Suecia (19%) e Francia (16%)
