A Comisión de centro de Atención Primaria da área de Vigo reclama medidas concretas ante o elevado número de incidentes que se rexistran
A Comisión de centro de Atención Primaria da área sanitaria de Vigo denuncia unha nova agresión rexistrada no centro de saúde de Coia o pasado luns 8 de xullo e reclama a adopción de medidas concretas ante o elevado número de incidentes que teñen lugar neste centro.
Segundo relatan dende a representación do persoal, aagresióniniciouse de xeito verbal e con ameazas e concluíu cunha mampara arrincada da áreaadministrativa. “Este tipo de condutas son habituais neste centro, téndose producido nos últimos mesesnumerosas situacións que remataron condanos patrimoniais ou e con intimidacións ao persoal. De feito é habitual a asistencia por partedas patrullas da Policía”.
Lembran que a Comisión decentro de Atención Primaria vén demandando que se tomen medidas concretasneste centro dado o elevado número de incidentes que se rexistran, sen que até o momento se teña postoen marcha ningunha por parte da Xerencia da Área Sanitaria.
“Unha vez máis queremos rexeitar os actos violentos nos centros sanitarios e lembrar que este tipo de condutas están tipificadas como delito por atentado á autoridade. Así mesmo, esiximos medidasinmediatas para a protección da saúde das persoas traballadoras deste centro”.