Vigo, Galicia
Galicia General Vigo

Comisiones Obreras anuncia un seguimiento casi total de la huelga de Bosch Vigo para rechazar el ERE

A empresa, que chegou a dar emprego a 2500 persoas hai menos de catro anos, conta actualmente
con 1400 traballadores e traballadoras

  • Este luns secundaron a folga case todas as traballadoras e traballadores de Bosch Service
    Solutions, a segunda empresa máis grande de Vigo por volume de persoal. No principal servizo afectado, o
    seguimento foi do 99% durante a quenda da mañá. Ademais do paro, houbo tamén concentración diante
    das instalacións da compañía para rexeitar as condicións do novo ERE que presentou hai poucos días a
    dirección.
    Bosch Service Solutions dedícase ao sector de centros de chamadas e presta servizos para clientes como
    Repsol, Orange, Iberdrola e a mencionada Vodafone, entre outras compañías.
    Desde o inicio da pandemia, Bosch encadeou varios ERTE e ERE, así como modificacións substanciais de
    condicións de traballo que afectaron principalmente aos servizos que se prestan para Vodafone.
    A mediados de xuño, a dirección da empresa convocou o comité para iniciar un período de negociación dun
    novo ERE pola perda do servizo de Vodafone HD, que se deslocaliza a outros países.
    CCOO rexeita o desmantelamento da empresa, tanto por parte de Bosch como pola deslocalización
    promovida por Vodafone, que provocaron que o cadro de persoal en Vigo pasara de 2500 persoas hai
    menos de catro anos a 1400 na actualidade.

Deja una respuesta