O BNG lanza unha recollida de sinaturas na Rede contra a incautación dos remanentes do Concello de Vigo
O Bloque Nacionalista Galego vén de lanzar unha campaña nas redes para opoñerse ao intento de incautación por parte do ministerio de Facenda dos remanentes e excedentes orzamentarios do Concello de Vigo. A fronte nacionalista inicia unha recollida de sinaturas, a través da plataforma dixital Change.org, para reclamar que o Concello poida dispoñer libremente do cento por cento dos seus aforros,.
