O venres 10 de novembro ás 19.00 h. na Sala Sargadelos (R/Urzáiz,
17, Vigo) a activista e defensora dos dereitos humanos Nilufar Saberi
participará nun faladoiro sobre a situación dos dereitos humanos en Irán.
“Máis de 500 persoas morreron na represión das manifestacións de protesta co
gallo da morte de Mahsa Amini baixo custodia policial hai pouco máis dun ano
por non levar o veo posto e máis de 22.000 foron detidas de xeito arbitrario e
varias delas condenadas a morte”, declarou Puri Silva, responsable da área de
muller de Amnistía Internacional Vigo, que hai unhas semanas difundiu en
redes un vídeo da destacada actriz e directora de cinema Mariana Carballal de
apoio á súa campaña.
“Hai só uns días, Armita Garawand morría no hospital tras 28 días en coma
por motivos similares aos de Mahsa Amini”, agregou a voceira local de Amnistía
Internacional. As graves violacións de dereitos humanos como
as execucións que se seguen a producir en Irán son os feitos sobre os que
Nilufar e Amnistía Internacional queren poñer no centro do debate nesta charla.
Nilufar é unha activista de longa traxectoria e moi coñecida no noso país, xa
que leva 40 anos vivindo en España, onde chegou coa súa familia como
refuxiada sendo nena. Durante estas catro décadas leva denunciando as
violacións que se están a cometer no seu país, especialmente no tocante aos
dereitos das mulleres e nenas.,
No seu tempo fundadora e máis tarde presidenta da Asociación Iraní ProDerechos Humanos, hoxe en día adícase á divulgación da situación en Irán
con colaboracións con organización como Amnistía Internacional, Medicus
Mundi, Cultura de Paz, Culturas y Tierra.
Na charla abordará a situación dos dereitos humanos en Irán dende a chegada
ao poder de Jomeini en 1979, así como a súa esperanza ante os cambios que
se están a producir grazas ao movemento de Muller, Vida e Liberdade
Vigo
Amnistía Internacional organiza una charla en Vigo sobre los derechos humanos en Irán con la defensora de los derechos de las mujeres iraní Nilufar Saber
- noviembre 9, 2023
- 0 Comentarios
- hace 2 años
Comparte esta noticia:
Noticias relacionadas
General, Vigo
Un cortocircuito provoca un incendio en una vivienda en la calle Placer
diciembre 15, 2021
