Vigo, Galicia
Vigo

Amnistía Internacional denuncia la impunidad de la violencia policial en la huelga del metal en Vigo

  • O informe anual da organización recolle este caso, que amosa a necesidade de prohibir as balas de goma
  • En Vigo, AI reclama ao Concello un plan para garantir o acceso á vivenda e mitigar a crise climática

O informe anual de Amnistía Internacional sobre as violacións de dereitos humanos no mundo en 2023 inclúe que, en xuño e xullo pasado, a Policía Nacional empregou balas de goma para disolver unha manifestación en Vigo, na que resultou ferido un manifestante.

Isabel Flores, coordinadora de Amnistía Internacional en Vigo, declarou que “Este caso exemplifica a principal preocupación de Amnistía Internacional en España: a persistente falta de rendición de contas polas violacións de dereitos humanos cometidas polo Estado. Non hai vontade política para abrir investigacións independentes e efectivas sobre graves violacións de dereitos humanos, como as ocorridas en residencias durante a COVID-19, tras o salto do valo de Melilla en 2022 ou tras os abusos policiais á hora de reprimir algunhas manifestacións como o caso de Vigo. A Subdelegación do Goberno en Pontevedra non amosou vontade de abrir unha investigación sobre os presuntos abusos policiais, que poderían mesmo chegar a constituír delitos de tortura ou malos tratos, malia as reiteradas peticións de Amnistía Internacional desde xullo pasado”. A impunidade ante estes feitos non só vulnera os dereitos das vítimas, senón que tamén envía unha mensaxe desalentadora á sociedade, perpetuando a falta de rendición de contas do Estado e que as vítimas non obteñan xustiza e reparación.

Peticións á Xunta e ao Concello de Vigo

AI destacou catro retos do novo goberno da Xunta: dedicar o 25% do investimento en Sanidade á Atención Primaria, un plan plurianual para acadar o 15% do parque de vivenda a política social como alugueiro social e público, abrir centros de atención 24 horas para as vítimas de violencia sexual e facer dos dereitos humanos o eixo da acción exterior.

O Concello de Vigo debería abrir un diálogo coa sociedade civil e adoptar medidas para garantir dereitos humanos como o da vivenda co control de prezos do alugueiro emercar vivendas da Sareb para alugueiro social, ademais de elaborar un plan municipal para mitigar os efectos da crise climática”, sinalou a voceira local de Amnistía Internacional, que lamentou o silencio do Concello ás cartas enviadas pola organización pedindo xuntanzas co Alcalde e varias Concellerías.“Coa escalada dos conflitos e o próximo colapso do dereito internacional, o mundo está a recoller unha colleita de consecuencias terribles”, manifestou Isabel Flores con motivo da presentación, hoxe, do seu informe anual “A situación dos Dereitos Humanos no mundo”, onde se avalía a situación dos dereitos humanos en 155 países. A organización advertiu probabilidade de que o colapso do Estado de dereito se acelere cos rápidos avances da intelixencia artificial, que, sumada ao dominio das grandes empresas tecnolóxicas, ameaza cunha “sobrecarga” de violacións de Dereitos Humanos se a regulación continúa indo á zaga das innovacións.

O informe de Amnistía Internacional presenta un sombrío panorama de alarmante represión dos Dereitos Humanos e frecuente infracción internacional das normas establecidas, nun contexto de desigualdade global crecente, superpotencias que compiten pola supremacía e agravamento da crise climática”, sinalou Flores.

Deja una respuesta