Vigo, Galicia
Vigo

Amigas das Árbores Vigo denuncian que el Rallye Rías Baixas 2025 convierte el monte del Castro en una pista de contaminación: la hipocresía institucional desenmascarada

En plena onda de calor, coa cidade promovendo políticas de baixas emisións e mobilidade sostible, resulta absolutamente
inxustificable que se permita a entrada de ducias de vehículos de competición a escape libre nun dos poucos espazos naturais
urbanos da cidade, con consecuencias graves para a fauna, o arborado histórico e a veciñanza.
Por que rexeitamos o tramo do Castro:
•O Monte do Castro, con 21 hectáreas de superficie e árbores centenarias, é recoñecido como unha zona de elevado
valor ambiental, arqueolóxico e paisaxístico, sendo considerado a «única illa verde de suficiente tamaño» no centro
urbano.
•O ruído e a contaminación producidos por coches de competición provocan un impacto directo sobre a avifauna urbana,
especialmente en período de aniñamento, e xerarán estrés e abandono de niños.
•A actividade pon en risco o arborado e causa degradación do solo, compresión, erosión e danos mecánicos en zonas
relevantes do parque.
•A iniciativa contravén o que se supón que debe ser un parque botánico e de lecer ambiental, transformándoo nun
circuíto temporal de espectáculo e velocidad.
«Este espazo non é un circuíto deportivo. É un parque para as persoas, para a natureza e para a xente que busca sombra,
silencio e aire limpo», recoñecen desde a Asociación.

  • ¿Por qué se recupera este tramo despois de anos eliminado se sabemos que é un atentado ecolóxico?
    ¿Como se xustifica que vehículos de combustión libre (moitos sen filtros antipartículas) rugan nunha zona declarada de interese
    natural e histórico?
    Non é casualidade: é elección política. Permitir que o Rallye Rías Baixas arrase o Monte do Castro é unha mostra de cinismo
    institucional. Mentres cidades europeas pechan centros históricos a coches, Vigo regresa aos anos 70. Isto non é progreso: é
    barbarie ambiental disfrazada de espectáculo.
    Unha decisión que, en plena crise climática e promesas de «sostibilidade», expón a traxedia da desconexión política coa
    realidade ambiental de Vigo.
    Desde Amigas das Árbores esiximos aos organizadores, ao Concello de Vigo e aos patrocinadores públicos do evento,
    Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia:
  1. Suspender de inmediato o tramo urbano no Monte do Castro, antes de que se produzan impactos irreparables.
  2. Iniciar un proceso de revisión ambiental do uso de espazos públicos que impida actividades de motor neste tipo de
    parques urbanos.
  3. Comprometerse públicamente a promover eventos compatibles coa conservación, como actividades de observación
    natural, pedagoxía ambiental ou lecer calmado, coherentes coas zonas de baixas emisións e co modelo de cidade
    saudable.

Deja una respuesta