Vigo, Galicia
Política

Alfonso Rueda celebra con el PP de Pontevedra los históricos resultados alcanzados en la provincia el 18-F

Hoxe, na Xunta Directiva Provincial do PP de Pontevedra acompañado polo presidente do partido na provincia, Luis López, e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado

Considera que a vitoria nas autonómicas foi a “segunda gran vitoria política do ano” na provincia, logo da recuperación da Deputación tras o 28-M

Destaca o aumento do apoio á candidatura que encabezaba el mesmo respecto ás últimas eleccións autonómicas, alcanzando nesta ocasión un 44% do voto

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, celebrou hoxe coa Xunta Directiva Provincial do PP de Pontevedra os históricos resultados acadados polo partido na provincia o pasado domingo no que denominou como a “segunda gran vitoria política do ano”, logo da recuperación da Deputación tras as municipais.

Referiuse así ao aumento do apoio á candidatura que encabezaba el mesmo respecto ás últimas eleccións autonómicas, alcanzando nesta ocasión un 44% do voto, e ademais tendo en conta o 67,3% de participación que se rexistrou o 18 de febreiro –a segunda cifra máis alta da historia xunto á de 2009–.

Na xuntanza celebrada esta tarde, na que se gardou un minuto de silencio polas vítimas do incendio de Valencia, o líder dos populares galegos aproveitou para dar os parabéns aos 11 deputados electos e tamén ao presidente provincial, Luis López; recoñecendo ademais que Pontevedra ten para el unha importancia singular e que nesta provincia non é nada doado obter os resultados que se obtiveron.

Este apoio histórico supón tamén unha responsabilidade histórica para Rueda, que reivindicou a Galicia como a verdadeira gañadora o 18-F ao tempo que manifestaba a súa ilusión por continuar traballando para que a nosa Comunidade funcione cada vez mellor desde a responsabilidade e o sentidiño.

Deja una respuesta