Vigo, Galicia
General Portada

Alfonso Rueda acompañado por la delega de la Xunta Marta Fernández tapias, presentó hoy en Vigo la campaña “Presume de Morriña”, puesta en marcha por el Clúster Turismo de Galicia

  • O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, presentou hoxe en Vigo a campaña “Presume de Morriña”, posta en marcha polo Clúster Turismo de Galicia para reactivar o sector e animar a viaxar a Galicia trala pandemia
  • ―A iniciativa, que é unha continuación da iniciada no 2016 “Presume de Galicia”, ten por obxectivo animar a viaxar á comunidade trala pandemia coa publicación vídeos e fotografías nas redes sociais dos lugares preferidos dos galegos e turistas que xa a coñecen e visitaron

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe en Vigo que Galicia rexistrou un agosto histórico en ocupación nos aloxamentos turísticos da comunidade con 2,2 millóns de pernoitas. Así, incidiu en que a comunidade galega mellorou o mes pasado en 20 puntos a chegada de viaxeiros respecto á medida nacional mellorando a cifra de 2019 cun 2,6% máis de visitantes e tamén nun 1,5% en canto ás pernoitas.

Alfonso Rueda engadiu que os hoteis galegos xa recuperaron plenamente os datos turísticos prepandemia e que no caso de Vigo acadaron un 82% de ocupación o mes pasado, 27 puntos máis que en 2020 e tamén por riba do dato de 2019. Esta reactivación esténdese ao resto dos aloxamentos, se ben, está a notarse con maior intensidade nas pensións, apartamentos turísticos e cámpings da comunidade, sobre todo nestes dous últimos, que marcaron máximos históricos.

Deste xeito, lembrou que a mensaxe de Galicia como destino seguro e de calidade calou nos visitantes e animou a seguir viaxando á comunidade trala pandemia, o obxectivo que precisamente persegue a campaña Presume de morriña presentada hoxe no Porto de Vigo. Trátase dunha iniciativa do Clúster Turismo de Galicia que busca animar a visitar Galicia e reactivar o turismo a través da publicación de vídeos e fotografías nas redes sociais dos lugares preferidos por parte dos galegos e turistas que xa coñecen visitaron a comunidade.

No acto estiveron presentes a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal; o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuíña, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias. Todos eles se reuniron no peirao para escenificar esas marabillosas paraxes galegas ás que os turistas non puideron achegarse na pandemia e que agora, grazas a mellora da situación sanitaria e á reapertura da mobilidade xeográfica, si poden ser visitadas.

Como indicou o vicepresidente primeiro, trátase de botar man da “morriña” para animar a galegos e turistas, sobre todo aos estranxeiros que non puideron viaxar á comunidade por mor da pandemia, a que visiten Galicia neste dobre Ano Santo.

A campaña é unha continuación da que o Clúster Turismo de Galicia puxo en marcha no 2016 e que foi quen de acadar unha comunidade virtual de “orgullosos” e “superpresumidores” de Galicia que tivo que ser interrompida na pandemia e que agora se retoma botando man dun sentimento como a morriña que forma parte da natureza galega. Como en edicións anteriores, acompañarase da

convocatoria dun concurso para as mellores imaxes e vídeorrelatos con premios mensuais para os gañadores de estancias en aloxamentos e experiencias turísticas.

Alfonso Rueda animou a participar nesta iniciativa encamiñada a reactivar o turismo de cara ao que queda deste ano e ao longo do 2022, que tamén será Xacobeo, para seguir na liña deste verán, con Galicia á cabeza da recuperación turística de España grazas ao traballo feito nestes meses para reforzar a imaxe como destino seguro e de calidade cun modelo de turismo tranquilo e sostible, o que permitiu converterse o mes pasado na única comunidade en superar as cifras turísticas prepandemia. Eses son ademais os valores que demandan os viaxeiros na actualidade e aos que busca captar esta campaña coa finalidade de que veñan a coñecer Galicia.

A Xunta apoia así a proposta do Clúster Turismo de Galicia, co que vén colaborando para reactivar o sector turístico e no marco do Plan Director Galicia Destino Seguro 2021-2023, no que o Goberno galego traballa para deseñar o futuro do turismo galego cun modelo baseado na seguridade, a calidade e a sostibilidade.

WhatsApp Image 2021 10 02 at 14.37.07

Deja una respuesta