A Asociación Veciñal de Teis, logo da xuntanza celebrada onte entre o Presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo e o Ministro de Transportes, José Luis Abalos e dos anuncios realizados sobre a autoestrada AP9, quer manifestar o seguinte:
Agardamos que este anuncio sobre a supresión da peaxe no tramo Redondela- Vigo, non sexa un novo engano, como o que fixera o daquela, Ministro de Fomento, Iñigo de la Senra, anunciando que en xullo de 2018 está peaxe estaría suprimida e aínda estamos agardando a día hoxe.
Desde a Asociación, tampouco entendemos porque hai que agardar até o mes de xullo, cando nós orzamentos do Estado de 2021, figura xa unha partida para destinar o pago da peaxe deste tramo da autoestrada. Polo que reivindicamos que a peaxe se suprima de xeito inmediato, neste mes de abril.
As demandas veciñais sobre a autoestrada AP9, non se limitan só a supresión da peaxe. Queremos lembrar a importancia é a necesidade de que a supresión desta peaxe, supoña tamén a conversión da autoestrada en tramo urbano desde Padín (Teis) ate o centro da cidade, con acesos, o que permitiría reducir o elevado tráfico que padece Teis, especialmente na rúa Sanjurjo Badía e na Travesía de Vigo.
Non menos importante son as medidas contra contaminación acústica, coa instalación de pantallas, debido a elevado ruído que padece a veciñanza que vive no entorno da autoestrada AP9. Cando en Vigo, non hai un só metro de pantallas contra o ruído na AP9.
Logo levamos dous anos reivindicando a mellora dos pasos elevados da autoestrada en Teis, en concreto nos camiños da Xorxa e da Trapa, debido a súa falta de mantemento e impedir a incomunicación deste lugares de Teis, como pretende o Ministerio de Transportes.
Por último, desde a A.V. de Teis, imos estar moi atentos ao cumprimento deste anuncio de onte e a seguir a reivindicar todas as reivindicacións pendentes relacionadas coa autoestrada AP9.