A Asociación Veciñal de Teis, quer denunciar que na mañá de hoxe produciuse un novo vertido na EDAR de Teis, como se pode comprobar no vídeo gravado por un veciño desde a súa embarcación.
Este tipo de vertidos son frecuentes desde hai anos e denunciáronse por parte da veciñanza reiteradamente. Os anteriores vertidos producíronse o domingo 14 de novembro e o sábado 10 de outubro. Os vertidos son constantes sempre nos fins de semana.
Estes vertidos foron denunciados por escrito a Concellaría de Fomento e Servizos do Concello, solicitando que se tomaran as medidas necesarias para que non se produzan máis vertidos a ría de augas sen depurar e que se garanta un bo funcionamento desta planta depuradora. Tamén denunciamos estes vertidos a Aqualia e a Augas de Galiza. Como é habitual desde o Concello, non tivemos ningunha resposta e os vertidos seguen producíndose.
Non é normal que se produzan vertidos a ría de xeito continuado desde unha depuradora, co dano que isto provoca ao medio ambiente. Polo que esiximos do Concello e da empresa concesionaria Aqualia, que se tomen medidas para evitar novos vertidos