Vigo, Galicia
General Vigo

A.V. de Teis, demanda una salida a rúa Angela Iglesias y cuestiona el proyecto de las escaleras mecánicas.

A rúa Angela Iglesias Rebollar, non ten saída e ten un desnivel do 15% que separa a avenida de Galiza co centro de saúde de Teis. Isto supón un grave problema para unha parte da veciñanza sobre todo maior, que se achega ao centro de saúde, polo elevado desnivel.

Polo que a Asociación considera necesario darlle unha saída a está rúa, o que permitiría que o autobús urbano ( liña C3) chegara ao centro de saúde e facilitaría a accesibilidade da veciñanza con mobilidade reducida.

En relación coa proposta da colocación dunha escaleira mecánica no medio da rúa Angela Iglesias Rebollar. Desde Asociación consideramos está unha mala proposta, pois impide que poda acceder o autobús até o centro de saúde, elimina moitas prazas de estacionamento e en definitiva estraga a rúa. Debese atopar outro emprazamento para as escaleiras mecánicas ou procurar outra alternativa como a colocación duns elevadores no lugar.

Desde a Asociación diriximos hai varias semanas un escrito a Concellaría de Fomento, solicitando que se lle dea saída a rúa Angela Iglesias Rebollar, atopar outro emprazamento para as escaleiras mecánicas ou procurar outra alternativa como a colocación duns elevadores no entorno.

Deja una respuesta