A Asociación Veciñal de Teis, convoca unha asemblea veciñal este martes 6 de outubro ás 20:00 horas, no salón de actos do instituto de ensino secundario de Teis, para tratar sobre a situación dos pasos elevados sobre a autoestrada AP-9 en Teis, logo da última carta do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.
Neste resposta a Demarcación de Estradas do Estado en Galiza, non fai ningunha referencia a mellorar os pasos elevados sobre a autoestrada AP-9 que carecen de mantemento e teiman en sinalar que os pasos elevados de Xorxa e a Trapa, son pasarelas peonís.
Temos que lembrar que xaneiro de 2019, diante da intención de impedir o paso de vehículos, sobre os pasos elevados nos camiños da Xorxa e da Trapa, provocou a convocatoria de concentracións. A mobilización veciñal conseguiu daquela estes pasos sigan abertos, permitindo o paso de peóns e vehículos.
Estes pasos elevados sobre a autoestrada no camiño da Xorxa e da Trapa, construíronse fai 40 anos para impedir a incomunicación neste lugares de Teis e permitir o paso de peóns e vehículos, así acordouse con “ Autopistas del Atlántico” e co Ministerio no ano 1979. Desde entón usáronse sen ningún problema. Antes da existencia da autoestrada, estas vías xa tiñan os usos actuais.
Prohibir a circulación de vehículos por estes pasos elevados, suporía un gran prexuízo a veciñanza, ao incomunicar e impedir que podan chegar ambulancias ou vehículos de servizo as vivendas.
Nestes 40 anos o que puidemos comprobar é a falta de mantemento destes pasos elevados por parte da concesionaria da autoestrada.
Desde a Asociación Veciñal de Teis, xa enviamos unha resposta a Demarcación de Estradas do Estado en Galiza, denunciando que non entendemos que desde o Ministerio, non se esixa a concesionaria mellorar estes pasos elevados, para aumentar a súa seguridade e a capacidade dos mesmos, pero teimase en falar de que son pasos peonís.
Falta de xestións do goberno municipal de Vigo
Aínda que Abel Caballero, Alcalde de Vigo, en xaneiro de 2019, enviou unha carta, para esixir a mellora destes pasos elevados e afirmou “ Non vou permitir que mutilen unha parte da cidade”. Despois de ano e medio, non houbo ningún resultado.
O pasado venres a unha pregunta de “ Hermes TV “, o Alcalde afirma que non falou co ministro Abalos e que se trata dunha cuestión xurídica. Unha vez máis o Abel Caballero, minte pois o problema solucionase realizando xestións e presión política ao Ministerio. Entón, pra que serve tanta viaxe a Madrid e as xuntanzas periodicas con membros do goberno central.
A discriminación da cidade, por parte do Ministerio
Unha vez máis o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, ten unha actitude de só defender os intereses da concesionaria da autoestrada e discriminar a cidade: non hai nin un só metro depantallas contra o ruído, non se produciu a eliminación da peaxe Rande-Vigo, non hai nada da conversión da autoestrada en tramo urbano desde Padín, agora non queren mellorar os pasos elevados e pretende incomunicar lugares de Teis.