Vigo, Galicia
General Portada

A AA.VV. DE TEIS DENUNCIA O ABANDONO DO PARQUE PUBLICO, DO PASEO MARÍTIMO E DO PEIRAO DA ETEA.

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse por escrito hai máis dunha semana ao Concello de Vigo e a Xunta de Galiza, para esixir o mantemento do espazos públicos na ETEA, tanto do parque público, paseo marítimo e peirao da ETEA. 

Parque publico

As zonas verdes están abandonadas, a vexetación invade o parque, hai lixo no chan, as papeleiras non se baleiran. É necesario que se realice periodicamente o mantemento deste parque   e  dos espazos verdes.   O parque público,construíno a Consellaría de Infraestruturas en 2013

Paseo marítimo e peirao

O paseo marítimo, realizado polo Concello de Vigo en 2011. O paseo carece de papeleiras, non se realiza un traballo de mantemento habitual do mesmo, onde tamén abunda a vexetación. Ademais o paseo bordea a praia da Punta e o firme esta moi deteriorado. O paseo marítimo, obra realizada polo Concello de Vigo en 2011

Desde a Asociación Veciñal de Teis, acusamos a Xunta de Galiza e o Concello de Vigo, da situación de abandono do parque público, do paseo marítimo e do peirao da ETEA.

A falta de coordinación e entendemento entre ambas administracións, que non é a primeira vez que se producen a ETEA,  só prexudica a veciñanza de Teis. 

Por último, esiximos do Concello de Vigo e da Xunta de Galiza, que  de xeito inmediato se encarguen de manter en condicións o paseo marítimo, o parque público e o peirao da ETEA. 

Foto ETEA (5) maio 2020Foto ETEA maio 2020

Deja una respuesta