Vigo, Galicia
Vigo

200 profesionales de enfermería debaten sobre los nuevos modelos de cuidados.

― Con motivo do Día Internacional da Enfermaría organizouse unha xuntanza para compartir coñecementos sobre os novos retos deste persoal sanitario

― Os novos roles da enfermeira como Enfermeira Xestora; Enfermeira de Práctica Avanzada; rol de investigadora; e o rol como finalista de procesos, conforman novos modelos de traballo que melloran a resposta aos pacientes

― A Área Sanitaria de Vigo conta con case 2.000 profesionais da enfermaría, o 47% do persoal sanitaria da área viguesa

Con motivo da celebración do Día Internacional da Enfermería, promovido polo Consello Internacional de Enfermería que este ano leva por lema a “As nosas Enfermeiras. O noso futuro”, a Dirección de Enfermaría da Área Sanitaria de Vigo organizou unha xornada para debater sobre os novos retos desta profesión sanitaria e os novos modelos de coidados .

Neste encontro participaron un total de 200 profesionais de enfermaría da Área Sanitaria, de Atención Primaria e Hospitalaria.

Segundo explica a presidenta do comité organizador e subdirectora de Enfermaría, Dolores Muíños “trátase dun encontro para compartir coñecementos e experiencias sobre os novos modelos de coidados que xa están desenvolvendo moitas das nosas profesionais e que permiten dar unha mellor resposta aos pacientes e seguir avanzado na calidade do sistema público de saúde “.

A conferencia inaugural correu a cargo da xefa de servizo da Dirección xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Blanca Cimadevila, que falou sobre a “Prescrición Enfermeira”.

Máis especialización, formación e competencias

No momento actual, a Área Sanitaria de Vigo conta con 2.000 profesionais de enfermaría, o que supón o 47% do total de persoal sanitario da area viguesa.

Hoxe en día existen diferentes figuras ou perfís destas profesionais, que foron obxecto de análises nas diferentes mesas redondas desta xornada: a enfermeira xestora de casos, que acompaña aos pacientes durante determinados procesos asistenciais complexos, en colaboración con equipos interdisciplinares (ostomías, debut diabético, pacientes de cirurxía bariátrica, ou pacientes con demencia, por exemplo).

Outro perfil é o da enfermeira de práctica avanzada, con formación específica en determinadas técnicas que requiren alta cualificación técnica (como as que introducen os catéteres centrais por vía periférica con técnica ecoguíada, técnicas neumolóxicas de diagnóstico avanzado, manexo de dispositivos cardiolóxicos implantables, técnicas de dialise peritoneal, e outros); o rol de enfermeira investigadora e a traslación dos resultados a practica clínica; e o rol de finalista de procesos de

Atención Primaria, que realizan unha xestión integral dos coidados en saúde da comunidade, fundamentalmente no ámbito rural.

Trátase de profesionais cunha experiencia profesional e formación específica de alto nivel, con máis capacidade resolutiva e competencias para configurar novos modelos de traballo, co obxecto de acompañar ao paciente complexo, optimizar os tempos de espera dos procesos, mellorar a continuidade asistencial interniveis e, en definitiva, incrementar a calidade da prestación de coidados aproximándonos ao paciente dun xeito holístico

Deja una respuesta

Hide picture