O Plan galego de investigación e innovación é a folla de ruta da Xunta de Galicia para darlle o impulso á I+D+i dentro da súa intensa aposta pola ciencia. Está dotado con 1.310 M€ e conta con medidas para favorecer o desenvolvemento económico da Comunidade, o progreso e benestar da sociedade e o seu posicionamento internacional, onde Galicia cada vez é máis coñecida polas súas capacidades neste eido.
Os obxectivos principais son fomentar o talento investigador e que os resultados do seu traballo cheguen á cidadanía e ao mercado para ter un impacto real a través de ferramentas como a Fundación Galtia, os plans locais de I+D+i ou os modelos de transferencia, entre outros.
Queremos ampliar as posibilidades da ciencia para avanzar como país, reforzar determinados sectores estratéxicos e estender a innovación ao todo o territorio. Isto é o que chamamos a aposta pola I+G+i, unha aposta pola Galicia Calidade tamén na investigación e na innovación.

CONTEXTO
A ciencia é unha prioridade para o Goberno galego como ferramenta para impulsar o progreso socioeconómico e mellorar a vida dos galegos.
Iso evidénciase, por exemplo, en dous datos:
– Somos a comunidade onde máis medra o investimento en I+D, un 28%, o dobre que no conxunto do Estado, segundo o INE.
– Case 14.000 persoas dedícanse a actividades de I+D, un 12% máis
Somos a comunidade autónoma cos servizos públicos máis innovadores de España ao captar o 40% dos proxectos presentados á Compra Pública de Innovación en 2024: 8 proxectos e 42 M€.
E no eido da biotecnoloxía, somos a 2ª rexión máis emprendedora. Desde o 2021 lévanse creando 24 empresas, os traballadores medraron un 6% e o gasto en I+D+i neste sector supón o 17% do total.
O Plan galego de I+D+Icéntrase no talento, na transferencia de coñecemento, na especialización e na expansión da investigación e innovación en todo o territorio para a mellora dos servizos públicos.

A I+D+I EN VIGO
O Plan Galego de investigación e innovación 2025-2027 da Xunta ten gran incidencia na área de Vigo xa que esta acolle gran parte dos centros que traballan na I+D+I. Concretamente, conta con 3 centros de investigación que forman parte da Rede CIGUS de excelencia universitaria. Estos centros son el AtlanTTic nos que a Xunta inviste máis de 4M€ para reforzar o seu traballo nas áreas de tecnoloxía de telecomunicacións e servicios dixitais; o Centro de Investigación Marina (CIM), ao que a Xunta apoia con case 5M€ para fortalecer o seu traballo nas áreas de cambio climático e biotecnoloxía azul e o Centro de Investigación en Nanomateriales e Biomedicina (CINBIO), no que a Xunta inviste 6M€ para a súa actividade científica.
No caso dos centros tecnolóxicos, a área de Vigo conta con cinco dos nove centros que traballan na investigación e innovación en Galicia. Estes centros son a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas, Peixes e Mariscos (ANFACO-CECOPESCA) en Vigo, a Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste (AIMEN) no Porriño, o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) do Porriño, a Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicación de Galicia (GRADIANT) en Vigo e o Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sustentabilidade Enerxética (ENERGYLAB) enVigo. A Xunta de Galicia apoia a estes centros tecnolóxicos a través do Plan de I+D+i co obxectivo de posibilitar a sinerxia entre o coñecemento, a innovación e a ciencia e, así, dar resuesta aos requirimentos dos sectores produtivos
Hay que mencionar que o Centro Técnico de España de BorgWarner, está a executar outros proxectos de I+D+i apoiados tamén pola Xunta de Galicia, como o proxecto eFabis orientado a desenvolver novos procesos produtivos e as súas tecnoloxías clave da Industria 4.0, para a xeración dun novo modelo estratéxico empresarial, baseado na sustentabilidade e na dixitalización, capaz de dar resposta aos retos de mobilidade eléctrica e conectada
Por último, non hay que esquecer que BorgWarner participou en tres unidades mixtas de investigación, o instrumento da Xunta para apoiar alianzas entre organismos de investigación e empresas para desenvolver grandes proxectos de I+D+i, xunto ao Centro Tecnolóxico da Automoción (CTAG), que abriron o camiño da compañía cara a hibridación e a electrificación dos automóbiles, mediante a capacitación e investigación en electrónica avanzada.
O futuro Centro de Investigación Avanzada e Mobility é un dos dous centros de investigación empresarial apoiados pola Xunta de Galicia, xunto ao de Mestrelab Research en Santiago de Compostela, para complementar a oferta tecnolóxica do ecosistema de I+D+i de Galicia, en liña coas prioridades da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) e seguir reforzando a I+D empresarial galega, dando continuidade a outros programas como Unidades mixtas de investigación.
ESPECIALIZACIÓN
Unha rexión non pode destacar en todo. Conscientes diso, en Galicia decidimos centrar os esforzos nas áreas de especialización máis potentes e mellor consolidadas na Comunidade. Estas áreas son a biotecnoloxía (medicina xenómica, novos materiais, farmacoloxía e agroalimentación), as tecnoloxías profundas (intelixencia artificial e computación cuántica) e as enerxías limpas. Con isto non só se mantén a aposta de Galicia pola excelencia en I+D+i, senón que se introducen iniciativas para adaptarse a un contexto global en constante transformación e, así, asentar unhas bases sólidas para o crecemento.
TALENTO INVESTIGADOR
O talento é un piar imprescindible da I+D+I. O plan inclúe medidas dirixidas a captar, reter, atraer e retornar investigadores. Destacan programas como Oportunius, grazas ao que traballan na Comunidade investigadores que obtiveron unha bolsa ERC, as máis prestixiosas que concede o Consello Europeo de Investigación. Tamén a gran rede de centros de investigación universitarios de excelencia, a chamada Rede CIGUS, composta por 10 centros das tres universidades públicas galegas que amosan a mellor ciencia feita en Galicia. Cómpre destacar que na área de Vigo encóntranse 3 centros, un deles é AtlanTTic onde a Xunta inviste máis de 4 M€ para reforzar o seu traballo nas áreas de tecnoloxías de telecomunicación e servizos dixitais

Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, visitaron o Centro de investigación de Tecnoloxías de Telecomunicación,
AtlanTTi
Ademáis a Xunta tamén achega 3,2€ á asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste (AIMEN) no Porriño, a través da liña de fortalecemento e ampliación das capacidades dos centros tecnolóxicos galegos, cofinanciada con fondos europeos do programa Galicia Feder 21-27. O novo edificio, que se atopa na fase de cimentación e que se agarda estea rematado en marzo de 2026, acollerá novas liñas de investigación centradas na fabricación avanzada e sustentable. En concreto, impulsará dúas liñas de investigación en fabricación de alta cadencia (automoción, electrónica, compoñentes de madeira…) e en compoñentes de gran tamaño (aeronáutica, enerxía, naval…)..

Tamén se está a deseñar o novo programa Retorno talento I+D, co obxectivo de captar investigadores galegos que estean a desenvolver a súa actividade no exterior co obxectivo de asentar en Galicia o mellor talento. Sen dúbida, unha das grandes novidades neste campo é a creación dunha fundación de atracción de talento de alto nivel internacional: a Fundación Galtia. A Xunta xa traballa na súa creación co obxectivo posto en inicios de 2026. Así, poderase lanzar a primeira convocatoria de captación de talento. Con esta fundación quere posicionarse á Comunidade como un destino atractivo para desenvolver a actividade investigadora en áreas de coñecemento estratéxicas para Galicia, co foco posto en captar a 30 investigadores de máximo prestixio mundial, que poidan vir acompañados das súas familias e os seus equipos.

TRANSFERENCIA DE COÑECEMENTO
Por moito talento que exista, é necesario saber aproveitar os resultados das investigacións para mellorar a vida das persoas. Por iso, outro dos piares fundamentais do Plan galego de I+D+i é a transferencia do coñecemento á sociedade. Para iso, a Xunta de Galicia está a reforzar o programa Ignicia, un dos principais instrumentos do Goberno galego para facilitar esta transferencia real das investigacións á sociedade. Esta convocatoria pioneira é referente a nivel estatal e impulsa a creación de novas spin-offs e acordos de licenza de comercialización da tecnoloxía xerada en Galicia. Neste apartado, o plan da un salto para impulsar a creación de startups derivadas de resultados de investigación. O fin é transformar os avances científicos e tecnolóxicos en oportunidades de desenvolvemento económico e social. Para isto, aplícase o modelo coñecido como Venture Building, testado e recoñecido a nivel internacional, que identifica ideas con alto potencial de mercado e se encarga do seu acompañamento ata a consolidación empresarial.

SERVIZOS PÚBLICOS E TERITORIO
O obxectivo final do Plan galego de investigación e innovación é mellorar a vida da cidadanía. Con este fin, a Xunta busca estender a ciencia á toda a sociedade e, polo tanto, a todo o territorio galego. Para iso crearanse os Plans locais de I+D+i. Esta medida ten como obxectivo que as entidades locais (concellos, deputacións, mancomunidades…) poidan identificar desafíos pegados aos territorios nos que se sitúan e aos servizos que prestan e articular solucións adaptadas a eles. Tamén cómpre salientar a Compra Pública de Innovación, unha ferramenta que busca crear solucións innovadoras para mellorar os servizos á sociedade. De feito, Galicia é líder estatal na obtención de financiamento europeo a través deste mecanismo. No ano 2024 captou o 40% dos fondos de todo o Estado con 8 proxectos que se porán en marcha en diferentes áreas como a sanidade, o medio ambiente ou a educación. O obxectivo do plan é ampliar os eidos nos que afondar para seguir ampliando os proxectos beneficiarios desta convocatoria.
