Vigo, Galicia
Vigo

Rueda destaca que los premios Aproema muestran el compromiso de las administraciones y empresas gallegas en la búsqueda de una Galicia más verde y sostenible

  • Asegura que Galicia ten unhas “posibilidades magníficas” para medrar na nova economía verde actual
  • Defende o coidado e conservación medio ambiental “con sentidiño” , apelando a que é posible ser máis sustentables sen perder a capacidade para ser competitivos e sen renunciar ao desenvolvemento económico
  • Resalta que a Xunta busca consolidar Galicia como referente na loita contra o quecemento global coa futura Lei do Clima ou a Alianza Galega polo Clima
video
play-sharp-fill

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que os premios que cada ano entrega a Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia (Aproema) aos mellores proxectos sostibles da comunidade son o mellor exemplo do compromiso das administracións e empresas galegas na procura dunha Galicia máis verde e respectuosa co medio ambiente.

“Galicia é verde e ten que seguir sendo verde”, defendeu Rueda quen para iso salientou que na actualidade tanto a Administración, sociedade e empresas están “moi concienciadas” de que non se pode medrar a calquera custo. “Sería impensable, unha loucura, un suicidio colectivo”, advertiu.

Por este motivo, defendeu que protexer a natureza e loitar contra o cambio climático é unha obriga e unha responsabilidade de toda a sociedade: desde as administracións e o tecido empresarial ata a cidadanía. No entanto, defendeu que esta conservación do medio debe facerse “con sentidiño”, apelando a que Galicia ten a posibilidade de ser máis sustentables sen perder capacidade para ser competitivos e sen renunciar a medrar, xa que advertiu que, do contrario, esa actividade económica vaise trasladar a outros sitios. “E iso non o podemos permitir”, aseverou.

Galicia, posibilidades magníficas para medrar na economía verde

De feito, fixo fincapé en que a sociedade actual está a vivir unha revolución verde que é unha oportunidade para moitos sectores na comunidade. “Galicia ten unhas posibilidades magníficas para medrar na nova economía verde”, asegurou ao tempo que amosou o compromiso da Administración galega en facilitar o desenvolvemento de proxectos nesta liña.

Tras agradecer o gran labor dos galardoados nesta edición —o concello de Carballo, o colexio Franciscanas de Ourense, Hijos de Rivera, Coca-Cola, a Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos (ADEN) e a Iniciativa Social Emprendedora de Reciclaxe Téxtil de Galicia (Insertega)—, Rueda salientou que a Xunta leva anos traballando para consolidar á comunidade coma un referente na loita contra o cambio climático.

Entre as accións máis salientables ás que fixo mención o mandatario galego está a futura Lei do clima —que obrigará a que cada medida que se aprobe na Xunta teña en conta a pegada que deixa na contorna e que busca acadar a neutralidade climática no 2040—, a Alianza polo Clima —da que xa forman parte 96 entidades entre concellos, empresas, universidades ou clubs deportivos- así como a posta en marcha no vindeiro ano de tres oficinas técnicas para asesorar a entidades locais e ao tecido industrial sobre proxectos sostibles.

Deja una respuesta

Hide picture