Vigo, Galicia
Destacado

Remolcan a Vigo un pesquero con seis tripulantes que había quedado sin gobierno en la costa de la Vela

Salvamento Marítimo coordinou na tarde deste xoves un operativo para auxiliar un pesqueiro con seis tripulantes a bordo que quedara sen goberno na zona da costa da Vela, na boca norte da ría de Vigo.

O aviso chegou ao 112 Galicia contra as 19:45 horas, a través do propio persoal de Salvamento, que solicitou a colaboración do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar.

Ata o punto desprazáronse o remolcador María Pita, de Salvamento Marítimo, e unha embarcación pertencente ao Servizo de Gardacostas. Finalmente, o María Pita asumiu as tarefas de remolque e leva o pesqueiro ao porto do Berbés, en Vigo.

Desde o 112 Galicia informouse á Garda CIvil, á Policía Local e a Protección Civil de Cangas por se resultase necesaria a súa intervención.

Deja una respuesta

Hide picture