Vigo, Galicia
Vigo

Presentación del grupo de investigación traslacional en cuidados del Área Sanitaria de Vigo.

Trátase do primeiro grupo de investigación galego conformado por profesionais das categorías dependentes da Dirección de Enfermaría como enfermeiras, TCAEs, fisioterapeutas ou terapeutas ocupacionais

― O Grupo está composto por unha vintena de profesionais que desenvolven 8 liñas de investigación en diferentes campos

Hoxe tivo lugar a constitución oficial do Grupo de Investigación Traslacional en Coidados INVESTIC, da Área Sanitaria de Vigo.

Este Grupo, enmarcado no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, foi impulsado pola Dirección de Enfermaría para potenciar a investigación nas categorías profesionais dependentes desta Dirección, como enfermaría, TCAEs, fisioterapeutas ou terapeutas ocupacionais, tanto de atención hospitalaria como de primaria.

Así, a día de hoxe este Grupo está conformado por unha vintena de investigadoras e investigadores que teñen en marcha 8 liñas de estudos en diferentes campos, como a UCI, Diálises, Neumoloxía, Cirurxía cardíaca, Urxencias, Quirófano, Saúde Mental e Terapias da Área. Todos estos proxectos teñen un mínimo común denominador, o desenvolvemento de liñas de investigación en coidados .

Segundo a a coordinadora do INVESTIC, a enfermeira da Unidade de Investigación en Coidados da Área, Bel González Silva, “o obxectivo final deste Grupo é potenciar a investigación traslacional destes profesionais para que realmente os resultados deses estudos podan aplicarse á practica clínica, para seguir mellorando a atención aos nosos pacientes .“

Nesta primeira xuntanza constitutiva realizouse unha posta en común dos proxectos en marcha e obxectivos, establecéronse os roles e responsabilidades, os mecanismos de financiamento destes estudos así como “o noso posicionamento estratéxico a nivel autonómico e nacional”.

Deja una respuesta

Hide picture