A coalición considera que os 5 millóns de euros procedentes do remanente que se van a repartir en plena precampaña en axudas a libros á familias con nenos e nenas escolarizadas eran empregables dende 2020 e non hai escusa polo tanto de tempo para xustificar que non se pondere renda e patrimonio nos pagamentos
Podemos-Marea de Vigo considera que se se incluísen eses recursos en políticas sociais, e polo tanto se ponderase renda para que chegaran realmente as familias con maiores necesidades, Vigo superaría os 30 millóns de gasto social por habitante e estaría entre as cidades con maior cobertura social de todo o Estado.
Rubén Pérez: “Podemos Marea de Vigo non ten dúbida de que os tempos de ingreso de estas axudas de 205 euros por neno se arbitraron politicamente e non tecnicamente para que chegara ás familias nas semanas previas do proceso electoral de maio. O uso dos remanentes (diñeiro non executado que estaba nas contas de bancarias) para esta función xa era posible dende o ano 2020, polo que queremos saber cal foi o motivo de non pensar nestas axudas nos inicios dos cursos escolares cando as familias teñen que empregan grandes recursos económicos? preguntase o candidato da coalición de esquerda.
«Por suposto que estamos a favor de que cheguen os recursos públicos en forma de axuda por neno escolarizado e que sería agora inviable a ponderación por renda pola urxencia de prazos. Pero o certo é que si esta decisión non se forzara para coincidir coas semanas previas ao proceso electoral e se comezara a traballar en novembro de 2020 cando tamén era posible facelo, sería perfectamente factible ponderar o criterio de renda ou patrimonio» sostén Rubén Pérez, candidato de Podemos-Marea de Vigo á alcaldía.
Podemos e Marea de Vigo consideran que calquera gasto público debe ser xustificado na súa finalidade e ten que ser un motivo de educación cívica o feito de que se o Concello decide empregar recursos en axudas á libros a finalidade dos mesmos sexa ese fin. e teña que ser xustificado. «Claro que as familias teñen outros gastos e hai incrementos de prezos desorbitados, pero o uso finalista dos recursos públicos e a súa xustificación «é un exemplo que as administracións teñen que dar á cidadanía» sostén Rubén Pérez.
O concello leva mobilizado dende novembro de 2020 case 80 millóns de euros e nin mención a esta necesidade e si a urxencias como cubrir cunha estrutura de metraquilato un vagón de tranvía en Castelao» sinala o concelleiro de Marea de Vigo. A urxencia aparécese en novembro do ano pasado e de xeito «deliberado e sen argumento real.
Podemos e Marea de Vigo consideran que a suma dos recursos en políticas sociais que consignan os orzamentos de 2023 incorporando esta partida de 5 millóns de euros á políticas sociais dentro dos epígrafes que permite o uso de remanentes elevaría o gasto social por habitante da cidade de Vigo por enriba do 100 euros per cápita, unha das recomendacións do informe que anualmente fai a Asociación de Directoras e Xerentes de Servicios Sociais de España e se toma como referencia para avaliar o gasto das cidades en dar coberturas sociais aos seus veciños e veciñas.
