Considera “absolutamente insultante” que os independentistas galegos participen nesta homenaxe a unha banda que “asasinou a 68 galegos e provocou unha dor infinita en moitísimas familias
- “Xa é hora de que quiten ese disfraz de moderación co que pretenden enganar aos galegos, porque en realidade son o mesmo BNG de sempre: un partido radical, independentista e que apoia causas terroristas”, afirma
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, esixe ao BNG que rectifique e pida aos seus dirixentes que non acudan á manifestación convocada hoxe en Bilbao en apoio aos presos da banda terrorista ETA.
Paula Prado considera “absolutamente insultante” que o independentismo galego “apoie unha homenaxe a unha banda terrorista que asasinou a 68 galegos e que provocou unha dor infinita en moitísimas familias”.
“Agardamos que o independentismo galego rectifique e que o BNG lle pida aos seus dirixentes que non acudan a esta manifestación”, sinala a número dous dos populares galegos ao tempo que solicita a este partido que “se quite o disfraz de moderación co que pretenden enganar aos galegos” porque en realidade son o mesmo de sempre: “Un partido radical, independentista e que apoia causas terroristas”.
