A secretaria xeral do PPdeG esixiu a dimisión da concelleira do BNG da Estrada, Vanesa Iglesias Casal, polas súas palabras de onte en referencia á dolorosa perda do fillo que esperaba Isabel Díaz Ayudo: “Se Ana Pontón non pide a dimisión desa concelleira, entón é cómplice desas palabras”
● Criticou dos nacionalistas o seu “feminismo de pancarta e de slogan pero non en defensa dos dereitos da muller” e recordou o seu apoio á Lei do só si é si que “converteu os dereitos das mulleres nun paso atrás coa redución de penas a máis de 1.000 pederastas e agresores sexuais e a saída do cárcere antes de tempo de 117 delincuentes”
● En clave electoral, Paula Prado subliñou que “quedan oito días para derrogar o sanchismo que nada bo trouxo nin para Vigo nin para Galicia” e fixo un chamamento ao voto útil “para que en España se faga política galega da man dun galego ao que todos coñecemos e os vigueses especialmente”
● “O próximo 23 de xullo daremos un verdadeiro paso adiante apoiando a Alberto Núñez Feijóo e as súas políticas”, concluíu antes de remarcar que “o voto que une a centrodereita é o voto ao PP” e que calquera outro “só servirá para que Pedro Sánchez siga na Moncloa”
