Vigo, Galicia
Galicia General Vigo

Patrimonio cultural autoriza al Ayuntamiento de Vigo a la musealización para la puesta en valor de la fortaleza del Castro

A Dirección Xeral comunica o seu informe favorable con varias condicionantes sobre o último documento municipal presentado

O proxecto deberá suprimir as varandas nos accesos ás galerías, manter a cuberta inclinada da polvoreira e minimizar as bandeirolas

Tamén deberá realizarse un control arqueolóxico dos movementos de terra e presentar o proxecto museolóxico e museográfico definitivo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Conse-llería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén de informar favorablemente ao Concello de Vigo sobre a musealización para a posta en valor da Fortaleza do Castro. A autorización dos téc-nicos está suxeita a varias condicións que teñen que ser incorporadas ao proxecto municipal.

Así, o departamento autonómico responde ao documento achegado pola Administración local no que se remite o novo proxecto agora denominado “Musealización das galerías e posta en valor da Fortaleza do Castro de Vigo”, datado no mes de xuño de 2022, no que expón ter modificados aspec-tos sinalados na autorización previa de data do 24 de marzo pasado.

Atendendo as novas modificacións xa incorporadas, Patrimonio Cultural autoriza o novo proxecto con condicionantes. Desta forma, deberanse suprimir as varandas previstas sobre os accesos ás ga-lerías, xa que os técnicos “non atopan xustificación nin pola súa necesidade ni pola súa función”. Igualmente, tamén se debe manter a cuberta inclinada da polvoreira, xa que o edificio “ten que ser recoñecido como independente e singularizado”, sen que existan datos históricos que leven a pensar que a cuberta era en orixe plana.

Ademais, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural considera necesario minimizar o “impacto que os elementos tipo bandeirola e o rótulo identificador xeran sobre o patio de armas”.

Por último, a autorización solicita un control arqueolóxico dos movementos de terra vinculados as obras e pide ao Concello que presente un proxecto arqueolóxico. Da mesma maneira, o departa-mento autonómico lembra que deberá achegar tamén o proxecto museolóxico e museográfico defi-nitivo adaptado á actual versión final

Deja una respuesta