- A popular reclama explicacións sobre a xestión do Bipartito, o que supón esta sentenza para a Deputación e sobre todo o escurantismo co que envolveron todo o proceso.
- Considera “unha burla á intelixencia” que o Goberno responsabilice ao PP, cando a inspección laboral se fixo en 2018 co Bipartito gobernando desde tres anos antes e chama a atención sobre o caso dos mestres composteiros
A deputada provincial do Partido Popular, Pepa Pardo, considera que a nova sentencia do Tribunal Supremo, a segunda sentenza que sacude a Carmela Silva en 45 días, é un importante revés para a presidenta da Deputación de Pontevedra, “que ten que deixar de esconderse e dar moitas explicacións públicas ao respecto”.
Nesta liña, pregunta si “cando Silva e o PSOE falan de emprego digno se refiren á maior trama de corrupción da historia recente de Galicia, pola que está condenado un alto funcionario por idear un plan para contratar á cuñada de Carmela Silva con cartos municipais e sen traballar, ou ao fraude na contratación dos becarios na Deputación de Pontevedra. É este o modelo de emprego do PSOE?”
Desde o PP consideran que esta sentenza é un importante revés para o Goberno de Carmela Silva, que ten que dar moitas explicacións públicas ao respecto. “Explicacións sobre a súa xestión, sobre o que supón esta sentenza para a Deputación pero tamén sobre todo o escurantismo co que o Bipartito envolveu todo este proceso”. engade.
Ademais, os populares din que é unha “burla á intelixencia da cidadanía” que intenten responsabilizar ao PP dunha inspección laboral que se fixo en 2018,
cando o Bipartito xa levaba tres anos gobernando a Deputación, e que chama especialmente a atención sobre o caso dos mestres composteiros. “É moi grave que en lugar de dar explicacións e pedir disculpas pola súa nefasta xestión en materia de emprego e formación, fagan o único que saben facer, que é botar as culpas ao PP. Un recurso propio dos nenos que evidencia a altura política deste Goberno na Deputación”.
Recordan que nesta sentenza están afectados becarios que prestaban servizo no propio Pazo da Deputación de Pontevedra, pero tamén noutros servizos, como a Finca de Mouriscade ou o Plan Revitaliza. De feito, sinalan, o que di a sentenza é que precisamente os mestres composteiros son o caso máis evidente de que se trata dunha relación laboral. Non só polo soldo, case 1.400 euros e moi por riba do que reciben o resto de becarios, senón tamén porque sinala a sentenza, a memoria demostrouse ser un mero formalismo e o 60% da plantilla eran becarios. Ademais, outra das cuestións que se recollían na acta da inspección de traballo era que a Deputación estaba negando dereitos aos becarios, e puxo como exemplo que se negou a un dos becarios permiso por intervención quirúrxica da súa nai.
“Que se deixen de buscar culpables e asuman a súa responsabilidade dunha vez por todas. Dúas sentenzas que evidencian as prácticas e a xestión socialista en materia de emprego, pero tamén a falta de explicacións e escurantismo para quen presume de transparencia”, conclúe.
