Vigo, Galicia
General Vigo

Medio centenar de residentes de traumatología aprenden en el Cunqueiro las técnicas de cirugía de mano.

O servizo de Traumatoloxía organizou o primeiro Curso teórico-práctico básico de osteosíntese en cirurxía da man

A osteosíntese é unha cirurxía reconstrutiva para estabilizar e unir os fragmentos óseos tras unha fractura

A Unidade de Cirurxía da Man atende anualmente unhas 400 fracturas de man, o que supón máis do 7% de todas as urxencias traumatolóxicas

A Unidade de Cirurxía da Man do servizo de Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica da Área Sanitaria de Vigo desenvolveu hoxe un Curso teórico-práctico básico de osteosíntese en cirurxía da man, no que participaron máis de 50 médicos residentes desta especialidade de toda Galicia.

Trátase da primeira edición deste curso, e ante a boa acollida desta oferta formativa , os seus organizadores xa decidiron darlle continuidade anual.

O curso foi impartido polos traumatólogos da Unidade de Cirurxía da Man, Patricia Balvís Balvís, Manuel Castro Menéndez e Javier Yañez Calvo.

Segundo afirman os seus coordinadores “o obxectivo é a aprendizaxe da teoría básica da osteosíntese en man e pulso así como a práctica directa en obradoiros específicos a través de reprodución/simulación de osos artificiais que simulan unha peza anatómica completa da man, o que permite ao alumnado tanto o coñecemento anatómico do membro superior como das diferentes técnicas cirúrxicas, algunhas de cirurxía avanzada”.

Cirurxía reconstrutiva

A osteosíntese é unha cirurxía reconstrutiva cuxo obxectivo é fixar e estabilizar os fragmentos óseos tras unha fractura. Para isto utilizan diversas técnicas e instrumental (placas, parafusos, cravos) para facilitar a súa reparación e recuperar así a función articular.

A Unidade de Cirurxía da Man do servizo de traumatoloxía atende anualmente unhas 400 fracturas de man, o que supón máis do 7% de todas as urxencias traumatolóxicas. Un cento delas requiren dunha intervención cirúrxica, sendo as máis frecuentes as fracturas dos metacarpos

Deja una respuesta

Hide picture