Vigo, Galicia
General Vigo

Marta Fernández-Tapias supervisa las obras del segundo tramo de la senda peatonal de San Miguel de Oía en a estrada po-325, en el ayuntamiento de Vigo

  • A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informou que estas actuacións mellorarán a mobilidade peonil dos veciños deste núcleo urbano

  •  Este novo tramo dá continuidade ao realizado anteriormente entre a intersección dos camiños da Senra, da Verdella e de Mide e o centro social San Miguel de Oia

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, supervisou hoxe as obras do segundo tramo da senda peonil na estrada PO-325 en San Miguel de Oia, no concello vigués.

A representante do Goberno galego na cidade, acompañada polo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, José Luis Díez, e técnicos do departamento autonómico, tivo ocasión de visitar cos veciños a mellora da mobilidade peonil proxectada nesta contorna.

Este novo tramo que, segundo informou Fernández-Tapias quedará rematado no día de hoxe, consistiu na execución dunha senda de 2,50 metros de ancho entre os puntos quilométricos 6+940 e 6+975, dando así continuidade ao realizado anteriormente entre a intersección dos camiños da Senra, da Verdella e de Mide e o centro social San Miguel de Oia.

Os traballos, detallou a delegada territorial, consistiron na demolición e levantado dos pavimentos existentes, o acondicionamento do terreo, a construción dun pavimento de formigón tintado, a instalación dun bordo prefabricado de dobre cara e a desmontaxe e posterior reposición da sinaléctica fixa. A intervención contou cun investimento da Xunta de preto de 16.000 euros.

20220217SendaPeonilPO 325

Deja una respuesta

Hide picture