Rubén Pérez: “Seguiremos defendendendo un modelo de cidade para os intereses da maioría, en contraposición ao que está construíndo o actual Goberno local”.
Marea de Vigo valora os tres anos de lexislatura incididindo nos consensos da esquerda política no eido municipal.
Cumpridos tres anos de lexislatura, Marea de Vigo traslada hoxe a súa valoración dunha etapa “marcada” pola pandemia da COVID19, “uns anos complicados no ámbito municipal a raíz da paralización da actividade económica nos que os municipios tiveron que respostar dunha maneira inmediata ás necesidades da veciñanza” afirma Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal.
Ante a realidade vivida nos pasados tres anos, Marea de Vigo fai unha valoración negativa sobre as prioridades que o Goberno de Abel Caballero “decidiu asumir ante unha situación tan complexa como a devengada da pandemia da COVID19” sinala Pérez. En lugar de facer políticas activas de emprego ou de vivenda, con independencia de cal sexa a administración con máis competencias ao respecto, “o Goberno local adicouse outra vez ás políticas inaugurables e de ornato, que únicamente buscan un impacto mediático e de oportunismo electoral mentres na nosa cidade hai centos de familias con importantes problemas de acceso á vivenda” matiza o voceiro. A isto súmase “a situación de precariedade laboral en certos sectores como o dos servizos, algo que un concello debe ter como prioridades antes de políticas efectivistas anunciadas a bombo e prato nos medios de comunicación” engade.
Nestes pasados anos sucedéronse importantes modificacións lexislativas, sobre todo no tocante á utilización dos recursos económicos e o debate xerado sobre a necesidade de recursos dos concellos como o de Vigo para poder empregar eses recursos extra en políticas expansivas. Ante isto, “Marea de Vigo sempre sostivo que a maior parte deses recursos tiñan que adicarse a construír ese escudo social, unha cobertura que lle dera garantías á veciñanza para que ante a subida dos prezos e os problemas de acceso á vivenda a administración dera unha resposta” suliña Rubén Pérez.
Marea de Vigo, que naceu no ano 2014 coma un espazo de encontro e confluencia municipal, no que tanto grupos políticos como persoas a título individual centráronse en cuestións locais, “sempre buscamos consenso e fumos quen de manter ese consenso político durante estes anos”. Na Marea de Vigo participan mulleres e homes de Esquerda Unida, Anova, Equo ou Podemos, xente que vén do movemento ecoloxista ou do tecido asociativo.
O empeño da Marea de Vigo no que queda de lexislatura é seguir traballando nese proceso de construción política. “Podemos ter diverxencias sobre como encarar o futuro do estado, ou sobre cal debe ser a formulación xurídica que a futuro se configure no estado español pero tamén podemos ter amplos consensos nas políticas de carácter municipal, tal e como ten acontecido e polo que temos traballado nestes anos” incide o voceiro.
Para Marea de Vigo, é prioritario seguir construíndo un espazo de unidade baixo a premisa de desenvolver un modelo de cidade para as persoas en contraposición ao modelo do Goberno actual, que prioriza ás concesionarias e aos intereses privados. “A nosa loita será sempre para a construción dunha cidade para toda a veciñanza e para os intereses da maioría” conclúe Pérez.
