Vigo, Galicia
Política Vigo

Marea de Vigo pide políticas serias en materia de vivienda, si por fin el ayuntamiento asume que puede llevarlas adelante, y que se constituya una empresa municipal de vivienda.

Marea de Vigo considera ridículo un anuncio de 27 vivendas promocionadas polo Concello en Esturáns cando Vigo carece hoxe de vivendas municipais en propiedade por non exercer o dereito aos aproveitamentos lucrativos de convenios urbanísticos ou vender as 40 vivendas en Rosalía de Castro «para empregar os 5 millóns obtidos na venta finalmente en tapar o buraco económico da concesión do Auditorio Mar de Vigo.

Marea de Vigo considera que anunciar 27 vivendas en réxime de alugueiro social a promocionar por parte do Concello de Vigo é a todas luces un «acto de hipocrisía» despois de 8 anos nos que o noso grupo municipal reclamou que o Concello levase adiante políticas de vivenda sen esperar a que outras administracións con competencias as desenvolvesen e mesmo se nos dixera que pedilo «era branquear as responsabilidades da Xunta»

O voceiro do GM da Marea de Vigo, Rubén Pérez, lembra que «levamos vivindo e asistindo nestes últimos tempos a graves situacións nas que se ven inmersas unha gran cantidade de familias en situacións de emerxencia social e habitacional, enfrontándose en moitos casos a circunstancias tan lamentables como desafiuzamentos ou incrementos imposibles de asumir de alugueiros; circunstancias que requiren dunha resposta colectiva e inmediata. A Lei 7/85 reguladora das Bases do Réxime Local, modificada pola Lei 27/2013, de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local establece que os Concellos poden promover toda clase de actividades e prestar cantos servizos públicos contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal. Entre elas a de promoción de vivenda e creación de parques de alugueiro público.

Marea de Vigo xa propuxera ao pleno en maio de 2016 a creación dun parque de vivendas, moción por certo rexeitada polos votos do Partido Socialista. A proposta de Marea de Vigo consignaba un parque de vivendas que contaría coa totalidade das vivendas de titularidade municipal que figuran no inventario de patrimonio e aquelas que puidesen ser cedidas a súa titularidade ou uso por entidades bancarias, SAREV ou outros organismos públicos mediante convenio.

Igualmente Marea de Vigo sigue a defender que sexa unha absoluta prioridade no desenvolvemento do futuro PXOM o desenvolvemento directo mediante unha empresa pública de vivenda constituída ou pola propia xerencia de urbanismo das tres grandes pezas urbanísticas que conteñen vivenda protexida no futuro PXOM: o ámbito de Santa Cristina-Lavadores, o de Ofimático-Avenida de Madrid e Guixar-Campsa. «Xa pediramos no pleno que sexan as primeiras actuacións a desenvolver unha vez aprobado o Plan evitando que non se execute a vivenda pública e simplemente quede, como outros contidos no PXOM do 2008, como ámbitos de alta presencia en VPO para rebaixar a mesma noutros ámbitos e igualar a media legal en todo o Plan» indica Rubén Pérez, voceiro do GM da Marea de Vigo.

Marea de Vigo tamén lembra que xa propuxo reservar cando menos un 10% da vivenda en réxime de VPO promocionada directamente polo Concello ou obtida a través dos aproveitamentos lucrativos dos convenios urbanísticos asinados como vivenda de emerxencia social, de titularidade pública e conformada nun Parque Municipal de Vivenda de Emerxencia Social para as familias e persoas máis vulnerables. Todo co rexeitamento dun goberno local que agora anuncia 27 vivendas nun alarde electoralista pouco críbel.

Deja una respuesta