Marea de Vigo considera que á perda destas axudas nos Plans Estatais de Vivenda xa foi unha mazada para as economías familiares en Navia pero a suba dos tipos de interese «vai ser imposible asumir en moitas hipotecas subscritas»
Marea de Vigo lembra a situación de desamparo que moitas familias que adquiriron vivendas de VPA en Navia levan anos sufrindo e que no seu día adquiriron vivendas con axudas ao pago de hipotecas que contiñan os anteriores Plans Estatais de Vivenda mediante axudas entre as cales atopábanse as axudas de subsidiación de préstamos consistentes nunha contía económica que se desconta ó beneficiario na cota mensual que pagaba no seu préstamo.
Este desconto mensual avaliábase atendendo á contía do préstamo, ao nivel de ingresos familiares do comprador da vivenda e ao tipo de vivenda protexida que se tratase. A axuda concedíase por un período inicial de cinco anos, renovable durante outro período de igual duración e pola contía que correspondese, atendendo a unhas condicións económicas do beneficiario e á presentación da solicitude en prazo.
«O problema foi», sinala Rubén Pérez, «que a partir do Real Decreto-Lei 20/2012 de 13 de xullo de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria, o goberno decidiu suprimir dende o 15 de xullo de 2012 as axudas de subsidiación de préstamo xa concedidas sen que se volvese a citar a recuperación desta fórmula de axudas ate datas recentes no Plan Estatal de Vivenda 2022-2025 pero sen aclarar se se refiren a axudas a subscrición de novas hipotecas ou se recuperarán as existentes que se deixaran de percibir polo argumento de «insuficiencia orzamentaria e ante a evolución dos prezos da vivenda» que esgrimiu no seu día o goberno do Estado.
Marea de Vigo denuncia que estas familias se atopan agora sumidas nesta eliminación de axudas e nas ameazas de subas de tipos que anuncia a UE. Unha situación que fai temer á coordinadora de plataformas afectadas pola supresión da subsidiación de préstamos VPO unha situación preocupante ás máis de 300.000 persoas afectadas en todo o estado español (moitas no barrio de Navia) que xa viran incrementada entón a cota da súa hipoteca entre 90 e 200 euros ó mes e, e nalgúns casos, incluso chegou ata os 400 euros ó mes.
«Agora», sinala Rubén Pérez, «os incrementos dos tipos poden ser un problema serio para moitas familias viguesas que adquiriron a súa vivenda protexida e contrataron hipotecas que foron asinadas nun período elevado do prezo da vivenda e que agora poden incluso sufrir un incremento maior» «Por este motivo instamos ao goberno local a solicitar ao goberno que na recuperación da subsidiación anunciada para o Plan 2022-2025 se inclúan aquelas hipotecas que quedaron excluídas despois de obter o dereito nos plans de vivenda anteriores» Sinala Rubén Pérez.
