Vigo, Galicia
Vigo

Luisa Sánchez instará a Caballero en el pleno a aprobar los convenios pendientes con la Diputación, que acerca 15,8 M€ al presupuesto municipal en 2027

· “Demostra que xa non pode seguir xestionando diñeiro público”, asevera a presidenta do PP de Vigo, que ironizou co feito de que o alcalde socialista “esixa máis cartos cando non é capaz de executar os que ten”

· A líder local do PP tamén proporá o vindeiro luns que todos os membros do Padroado do Ifevi aporten a mesma cantidade económica para poder desbloquear a situación e avanzar coa ampliación do recinto feira

A presidenta do Partido Popular de Vigo, Luisa Sánchez, instará a Abel Caballero no pleno municipal do vindeiro luns a aprobar os convenios pendentes coa Deputación de Pontevedra. “Sorprende a bipolaridade dun goberno local que esixe máis cartos e ao momento seguinte négase a firmar os convenios para recibir esas inversións ou, directamente, as bloquea”, lembrou.

A líder local do PP informou que os orzamentos municipais do 2027 aprobados esta semana polo goberno local inclúen unha aportación de 15,8 millóns de euros procedentes do ente provincial, o que contrasta coas acusacións vertidas polo alcalde socialista de que a Deputación non aporta cartos á cidade.

“E a isto hai que engadir os 10,3 millóns de euros que tiven que rescatar durante este mandato porque, ademais de confrontar e enredar, Caballero demostra que xa non pode seguir xestionando diñeiro público”, aseverou Luisa Sánchez, que ironizou co feito de que o socialista “siga reclamando máis cartos cando non é capaz de executar o que xa ten á súa disposición”.

Ao respecto, a dirixente do PP vigués apuntou que a incapacidade para xestionar do goberno local queda patente co feito de que durante este mandato se perderon ou se puxeron en risco máis de 60 millóns de euros procedentes de fondos externos, tal e como denunciou o principal partido da oposición.

“En definitiva, se o goberno local quere máis cartos da Deputación, o primeiro paso é aprobar e firmar os convenios que enviamos fai meses”, subliñou Luisa Sánchez, que sinalou que foi o propio Caballero quen, no 2024, solicitou que a Deputación aportase 5 millóns anuais ata o 2027. “Está na hemeroteca”, apuntou para acto

seguido engadir que “cando Carmela Silva estaba na Deputación no se lle esixía unha actuación do IPC dos convenios que, por certo, é ilegal tal e como indica a lei de indexación”.

As trabas que pon agora Caballero para firmar os convenios tampouco existían durante a etapa de Silva como presidenta, da que hai “moitas fotos desas firmas paripé e tamén se mencionaba a aportación provincial cando se informaba das obras cofinanciadas”, constatou Luisa Sánchez.

DESBLOQUEAR A AMPLIACIÓN DO IFEVI

Por outra banda, a líder do PP de Vigo tamén proporá no pleno municipal que todos os membros do Padroado do Ifevi aporten a mesma cantidade económica para poder desbloquear a situación actual e avanzar coa ampliación do recinto feiral. “É un acordo xusto e no que gañaría o recinto feiral, que é o que todos queremos, ou non?”, sinalou.

A líder local do PP fará esta proposta a través dunha emenda a unha moción socialista na que se insta á Deputación de Pontevedra a comprometer unha achega económica para o Ifevi. Ao respecto, lembrou que o Concello primeiro esixía que a Deputación saíse do Padroado e que ela mesma aceptou esa condición se con iso se desbloqueaba a reforma do recinto, pola que Conxemar agarda para poder seguir crecendo. “Agora cambia de idea. Xa non quere que a Deputación saia, o que quere son más cartos por estar no Padroado. Pero eu digo que ese criterio será aplicable ao resto de membros e que as normas deben ser iguais para todos”, pregunta.

En todo caso, Luisa Sánchez considera que esta nova esixencia do alcalde socialista forma parte da súa estratexia de confrontación para seguir “enredando” e bloqueando este proxecto. De feito, lembrou que entre os anos 2017 e 2022, o Padroado do Ifevi acometeu dúas ampliacións do recinto pero que foi a Xunta en solitario quen asumiu ambas porque para ningunha delas se lle pediron cartos á Deputación, presidida entón pola socialista Carmela Silva.

Deja una respuesta

Hide picture