Vigo, Galicia
Vigo

Los Sindicatos CCOO, UGT y USO, firmaron el  acuerdo del convenio colectivo con la empresa Vitrasa

Los Sindicatos CCOO, UGT y USO, firmaron el  acuerdo del convenio colectivo con  la empresa Vitrasa

Reunidas as partes na Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Pontevedra, na mañá de hoxe, e con mediación do AGA, a representación empresarial e os Sindicatos CCOO, UGT e USO, asinamos un acordo.

Previamente ao acordo, o cadro de persoal de VITRASA acordu validar o preacordo acadado, nunha votación na que participaron 263 persoas

A FAVOR 175 BRANCOS 3

EN CONTRA 80 NULOS 5

O acordo quedou como segue:

§ Incremento salarial

2021 2%

2024 3,1% con atrasos a cobrar máximo en 3 meses

2025/2027 4% cada ano

Con cláusula de revisión salarial que garante, como mínimo un 1% por riba do IPC de cada ano.

§ Vacacións en seis meses (redúcense dous)

§ Horas Extras con tres opcións:

– Non facer horas extras

– Cobrar por 80 horas e as demais acumulalas en días

– Acumulalas en días, por cada día de compensación percibirase o plus de quebranto e o plus de transporte

§ Plus de 30 euros en noiteboa e fin de ano se si se remata logo das 21.00 h

§ Plus de 30 euros para o bus turístico e servizos especiais a xornada partida as fins de semana e días festivos

§ 8 contratacións indefinidas

§ Artigo da subrogación do persoal

§ Xubilación parcial anticipada: a Empresa aceptará a petición dos traballadores cun contrato relevo con 75-25

§ Engádese un parágrafo no art. 8 sobre o descanso legal ao longo da xornada

§ Cambio de quenda entre compañeiros/as, etc

Coa sinatura deste convenio remata unha longa loita que provocou máis de tres anos de conflicto e a folga máis longa que se rexistrou en Vigo

Deja una respuesta