Vigo, Galicia
General Vigo

Los colectivos de Teis, demandan una biblioteca y no una sala de lectura para Teis.

O pasado 30 de xuño a xunta de goberno local aprobou o proxecto de edificio para uso da sala lectura no antigo inmoble do ambulatorio de Teis.
O proxecto aprobado confirma que se vai realizar unha sala de lectura e non unha biblioteca, como demandamos dende Teis. A veciñanza sentímonos enganados logo de anos con anuncios por parte de Abel Caballero.
Desde os colectivos de Teis (Anpas, Asociación Veciñal de Teis e Voces polo Litoral de Teis), levamos anos reivindicando que Teis necesita unha biblioteca, que o edificio que ocupaba o antigo centro de saúde na rúa Enrique Lorenzo, pechado desde o ano 2000, cunha superficie de 1000 metros cadrados, se destinase para biblioteca.
Desde os colectivos de Teis, levamos anos solicitando por escrito xuntanzas con responsábeis do goberno municipal incluído o Alcalde, Abel Caballero, para coñecer o proxecto da biblioteca de Teis, sen recibir ningunha resposta. A última solicitude de entrevista co alcalde foi o 10 de xuño de 2022.
O goberno municipal leva anos anunciando a remodelación deste edificio:
● Xa no ano 2014 o alcalde asegurou que o antigo edificio do ambulatorio se
convertiría na Biblioteca de Tes.
● No 2018 anunciaba obras por valor de 900.000 euros
● No 2019 Caballero anunciaba a cesión do edifico por parte da Tesoreria do
Estado. Neste ano tamén anunciaba destinar 50.000 euros á «sala de
lectura de Teis». Este ano falou das inmediatas obras da biblioteca en varias
ocasións.
● No 2020 volve a falar da biblioteca de Teis, anunciando o comezo das obras
para o 2021 e a súa inauguración no 2022. Respaldada isto co anuncio dun
proxecto representado nunha «impresionante» recreación dunha maqueta.
Anunciaba destinar 900.000 euros.
● Ano 2021: as obras non comezan, os responsables do Concello néganse a
reunirse no barrio cos colectivos, pero o alcalde segue anunciando a
biblioteca para Teis
● 2022: o goberno municipal anuncia orzamentar para a biblioteca do noso
barrio 930.000 euros. En xuño deste ano confirmanse as sospeitas: o de
Teis será un sala de lectura. Agora, a estas alturas, confirman que o edificio
hai que derrubalo, tendo que construír un novo edificio cun orzamento de
850.000 euros. Neste mes de setembro alcalde anuncia a demolición do
edificio destinando un orzamento de 300.000 euros.
Nestas circunstancias os colectivos de Teis consideramos a situación como de máxima gravidade. Non temos motivo para crer que desta os anuncios vaian ser realidade, seguimos sen ser informados e sen que se nos dea participación ao barrio no proxecto e confirmanse as nosas peores sospeitas, non imos ter biblioteca.
Os colectivos de Teis, solicitamos, unha vez máis, manter unha xuntanza urxente co alcalde de Vigo, Abel Caballero, para tratar sobre o proxecto da biblioteca de Teis e acordar un proxecto que dea resposta as necesidades de Teis.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciando a biblioteca de Teis nas olimpíadas escolares celebradas no ano 2014 no IES R.O.U de Teis

Deja una respuesta

Hide picture