Contra as 14:30 horas, un particular alertou ao 112 Galicia dunha corte ardendo na avenida Ricardo Mella, en Vigo. Ningunha persoa resultou ferida, pero no interior das instalacións almacenábase herba seca e o lume ameazaba con propagarse rapidamente.
Ata o punto desprazouse con celeridade unha dotación dos Bombeiros de Vigo, que contaron coa colaboración no operativo da Policía Nacional e Local, así como dos voluntarios de Protección Civil da cidade.
Arestora, os servizos de extinción continúan no punto cunha pá escavadora para remover e apagar a palla.
