Vigo, Galicia
Vigo

Los bomberos de Vigo hacen una demostración de rapel a los niños ingresados en el Álvaro Cunqueiro

A Asociación de Bombeiros de Vigo descolgáronse con cordas desde a cuberta, pola fachada interior do edificio

video
play-sharp-fill

A Asociación de Bombeiros de Vigo realizou hoxe unha visita moi especial aos nenos ingresados no hospital Álvaro Cunqueiro, xa que accederon á Unidade de hospitalización de pediatría entrando polas ventás, realizándolles unha demostración de rapel. Para isto descolgáronse con cordas desde a cuberta, pola fachada interior do edificio. Unha vez dentro da planta, fixeron entrega de diferentes regalos aos nenos.

Esta demostración xerou gran expectación non solo entre os pequenos pacientes senón tamén entre os seus familiares e o persoal do hospital. A xerencia agradece esta iniciativa grazas a cal os nenos tiveron un día diferente, alegre e cheo de emoción.

Deja una respuesta

Hide picture